LIGAZÓNS
- Amical Mauthausen
- Aragoneses víctimas del nazismo
- Arístides de Sousa Mendes
- Associaçao Memória e Ensino do Holocausto
- Bamá Grupo de Estudios de la Shoah
- Blog Nazismo y Holocausto
- Casa de Anna Frank
- Comité do Holocausto en Brasil
- Didactica Shoa
- Día Internación Recordo das Vítimas da Shoáh
- El Arbol de Anna Frank
- El Holocausto
- Enciclopedia Temática del Holocausto
- Estudio Literatura del Holocausto
- Foro El Holocausto
- Fundación Internacional Raoul Wallenberg
- Fundación Memoria del Holocausto
- Grupo Zivia Lubetkin (Esp)
- Guía concisa del Holocausto
- Holocausto e Antisemitismo
- Holocausto en Español blog
- Holocausto y Educación
- Holocausto y Ética
- Holocausto.doc
- Imagen e Historia
- Lista españoles muertos en campos nazis
- Marcha por la Vida
- Mauthausen en español
- Memoria de un testimonio 1933-1945
- Memoria do Holocausto desde Galicia
- Memorial Museum Holocaust en español
- Memorial Museum Holocaust en portugués
- Museo del Holocausto (México)
- Museu Virtual de Arístides de Sousa Mendes
- ONU Programa divulgación Holocausto
- Peliculas del Holocausto judío
- Proyecto Shoá
- Violeta Friedman
- Web de Jack Fuchs
- Yad Vashem en español
- Yad Vashem Jerusalem
sábado, 2 de julho de 2016
sexta-feira, 1 de janeiro de 2016
terça-feira, 27 de janeiro de 2015
quinta-feira, 15 de janeiro de 2015
sexta-feira, 27 de setembro de 2013
sábado, 23 de fevereiro de 2013
segunda-feira, 4 de fevereiro de 2013
quinta-feira, 31 de janeiro de 2013
terça-feira, 29 de janeiro de 2013
O rescate durante o Holocausto: a coraxe de axudar. Por Xoán Manuel Garrido Vilariño
Por Xoán Manuel Garrido Vilariño
26.01.2013
O Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto conmemórase
cada ano o 27 de xaneiro desde que foi instituído pola Asemblea Xeral
das Nacións Unidas, por medio da resolución 60/7 de 1 de novembro de
2005. Nese mesmo ano, o Parlamento Europeo estableceu tamén o 27 de
xaneiro como o Día Europeo de Memoria do Holocausto. A petición da
Asemblea, o Secretario Xeral da ONU botou a andar un programa de
divulgación titulado O Holocausto e as Nacións Unidas para
mobilizar á sociedade civil na transmisión da lembranza do Holocausto e
as súas ensinanzas e, deste xeito, axudar a previr xenocidios no futuro.
O tema escollido polo programa para este ano 2013 leva por título O rescate durante o Holocausto: a coraxe de axudar,
lema co que se rende homenaxe a quen puxo en perigo a súa vida e a das
súas familias para salvar xudeus e outras persoas dunha morte segura
baixo o réxime nazi. As historias dos salvadores son diversas: uns deron
acubillo nos seus fogares, outros trasladaron familias enteiras a un
lugar seguro ou axudáronas a obter os documentos necesarios para
escapar. Todas as historias teñen un elo común: a coraxe, a compaixón e o
liderazgo moral.
O 27 de xaneiro de 1945 o Exército Vermello liberou o campo de concentración e exterminio de Auschwitz. A finais de 1944, coa ofensiva soviética sobre Polonia, as autoridades do campo iniciaron o proceso de borrar as pegadas dos seus crimes, como por exemplo, destruír documentos, dinamitar as cámaras de gas e os fornos crematorios e incendiar os barracóns que máis os incriminaban. Os prisioneiros que eran capaces de andar foron evacuados entre os días 17 e 21 de xaneiro de 1945, en dirección ao Terceiro Reich; no campo só quedaron os doentes, uns 7000 dun total estimado de 1.300.000 que alí chegaron e mataron. Un supervivente, Primo Levi cóntanos os dez últimos días previos á liberación de Auschwitz no capítulo Storia di dieci giorni do seu libro-testemuño, Se questo è un uomo (1947). Velaquí o que escribe na entrada do día 18 de xaneiro:
“Fóra [do barracón] debía haber polo menos vinte graos baixo cero; a maior parte dos doentes non levaba posto máis ca una camisa, algúns nin sequera iso […]. Hoxe eu penso que, se non fose polo feito de que existiu un Auschwitz, ninguén a estas alturas debería falar de Providencia, mais é certo que, naquela hora, a lembranza dos salvamentos bíblicos nas adversidades extremas pasou coma un vento por todas as nosas mentes. […] 26 de xaneiro. Nós xaciamos nun mundo de morte e de vermes. A derradeira pegada de civilización desaparecera do noso redor e dentro de nós. A obra de bestialización emprendida polos alemáns triunfantes foi cumprida e rematada polos alemáns derrotados”.
Cómpre sinalar o carácter europeo do Holocausto ou Shoah, unha denominación que se está popularizando desde que Claude Lanzmann estreou o documental do mesmo nome en 1985. Porque o exterminio en masa só se puido producir na civilizada Europa que dispoñía dos métodos avanzados e o desenvolvemento tecnolóxico e científico suficientes como para poder realizar tal aniquilación industrial. A destrución non era só física, houbo un proceso de alienación do ser humano que comezaba polo cambio do nome por un número de rexistro e a perda da súa identidade anterior á entrada no campo. A ideoloxía nazi tamén tentou experimentar en Auschwitz se eran quen de eliminar da memoria humana os seus crimes e as súas vítimas. Velaí a razón da escolla desta data por parte da ONU e o Parlamento Europeo: recuperar a memoria das vítimas.
Visto que a conmemoración deste ano homenaxea os rescatadores, en Galicia debemos lembrar a tres irmás, Lola, Amparo e Xulia, que rexentaban un quiosco-bar na estación de tren de Ribadavia e que teceron unha rede de socorro a xudeus que fuxían da persecución nazi para axudalos a chegar ata a fronteira portuguesa. Esta rede, formada por sete persoas e dirixidas por Lola, a maior das tres irmás, xuramentouse para manter en segredo a súa actividade durante os anos máis duros da Segunda Guerra Mundial e a posterior ditadura franquista e non desvelalo ata que cadanseu membro falecese. A nova desta xenerosa acción aparece recollida nun dos relatos escritos por Antón Patiño Regueira no libro Memoria de ferro, publicado por Promocións Culturais Galegas no ano 2005, porque el foi un dos poucos coñecedores da existencia desta rede.

Marcadores:
Galiza,
Garrido Vilariño,
Opinión
domingo, 27 de janeiro de 2013
Risco, o Holocausto e o antixudaísmo. Por Afonso Vázquez-Monxardín
Por Afonso Vázquez-Monxardín
.
Vicente Risco publicou en 1944 un libro (Historia de los judios desde la destrucción del Templo) que xunto coas colaboracións de prensa desde os inicios da guerra –en favor de Franco- e outras achegas en La Región e na revista Misión, durante a II Guerra Mundial –en favor de Hitler e do racismo- enchen de oprobio e vergoña a súa lembranza. Por eses posicionamentos en favor da guerra contra a II República e en favor do fascismo na II Guerra Mundial, Castelao escribiu no Sempre en Galicia... “Dicía Risco, cando Risco era alguén”. Pero Castelao erraba. Risco sempre foi e será alguén. Poliédrico. Con ideas. Cambiantes. Así hai que asumilo. Co bo e co malo. Coa luz e coas sombras. Precisamos máis historia e menos haxiografía.

Ese libro citado, de máis de 400 páxinas, non é, desde logo, unha
improvisación. Non é un artigo exaltado dun mal día. É unha reflexión de
alguén engaiolado naquela altura polo bando que había de perder a II
Guerra Mundial. Gababa o nazismo, por exemplo, dicindo “Los alemanes
veían levantarse al fin una fuerza positiva contra aquel odiado enemigo
por el cual sentían, inclusive, asco físico, y que, sin embargo, se
había entronizado sobre ellos con la república (de Weimar)” (p.433).
Citas, como esta e peores, ducias.
A quen vén isto? Pois a que o día 27 de xaneiro, desde 2005 celébrase
por decisión da ONU o “día internacional de lembranza do holocausto”
para que as novas xeracións non esquezan que unha vez, non hai tanto
tempo, houbo un réxime que intentou exterminar industrialmente un pobo
enteiro, por razón da súa relixión e cultura. E mentres isto ocorría
había quen aplaudía e quen calaba. E tanto lle tiñan aos nazis se os
trens chegaban con xudeus de Holanda, Grecia, Polonia, Alemaña ou
calquera outro lugar dos que dominaban. Eran xudeus. Así, como sabemos
todos, seis millóns deles e dous de xitanos, foron mortos a tiros e en
cámaras de gas. Morte industrial por razón de orixe. Algo inédito.
E na proximidade destas datas podemos reflexionar como en España, un dos
poucos países ocidentais sen a penas minoría xudía e un dos máis
atacados por Al Qaeda –lembremos o 11-M ou o atentado de Casablanca- é
tamén o lugar no que máis difícil topar obxectividade e distancia, na
prensa sobre o tema.
En Europa, mal que vén, despois da II Guerra houbo un proceso de
desnazificación. En España non. Ata os seus últimos discursos o pequeno
ferrolán teimaba nos xudeus e masóns como os culpables dos males de
España. Se cadra a falla de distancia e de ecuanimidade actual é
herdanza, sen sabelo, daquelas ideas franquistas e da acusación de pobo
deicida do nacional catolicismo do que tamén bebía Vicente Risco.
En fin, se unha persoa da preparación e altura intelectual de Risco,
pode chegar a ter unha posición tan ignominiosa, que non dicir do resto
dos mortais.
As irmás Touza de Ribadavia e outros moitos xustos e xenerosos, salvaron
xente naquelas guerras horrorosas. Mentres outros calaron. E outros
aplaudiron.
Nunca máis.
sexta-feira, 25 de janeiro de 2013
terça-feira, 25 de dezembro de 2012
quarta-feira, 21 de novembro de 2012
Exposición na Coruña: "Auschwitz-Birkenau"
Exposición "Auschwitz-Birkenau"
Entre os días 3 e 15 de decembro de 2012
FORUMETROPOLITANO
.
Conferencia
Luns, día 3 de decembro ás 20:00 horas
Presenta: Joao Guisán, escritor e socio de AGAI
Intervén: Danial Candal, fotógrafo e autor da exposición
terça-feira, 17 de julho de 2012
Assinar:
Postagens (Atom)