LIGAZÓNS
- Amical Mauthausen
- Aragoneses víctimas del nazismo
- Arístides de Sousa Mendes
- Associaçao Memória e Ensino do Holocausto
- Bamá Grupo de Estudios de la Shoah
- Blog Nazismo y Holocausto
- Casa de Anna Frank
- Comité do Holocausto en Brasil
- Didactica Shoa
- Día Internación Recordo das Vítimas da Shoáh
- El Arbol de Anna Frank
- El Holocausto
- Enciclopedia Temática del Holocausto
- Estudio Literatura del Holocausto
- Foro El Holocausto
- Fundación Internacional Raoul Wallenberg
- Fundación Memoria del Holocausto
- Grupo Zivia Lubetkin (Esp)
- Guía concisa del Holocausto
- Holocausto e Antisemitismo
- Holocausto en Español blog
- Holocausto y Educación
- Holocausto y Ética
- Holocausto.doc
- Imagen e Historia
- Lista españoles muertos en campos nazis
- Marcha por la Vida
- Mauthausen en español
- Memoria de un testimonio 1933-1945
- Memoria do Holocausto desde Galicia
- Memorial Museum Holocaust en español
- Memorial Museum Holocaust en portugués
- Museo del Holocausto (México)
- Museu Virtual de Arístides de Sousa Mendes
- ONU Programa divulgación Holocausto
- Peliculas del Holocausto judío
- Proyecto Shoá
- Violeta Friedman
- Web de Jack Fuchs
- Yad Vashem en español
- Yad Vashem Jerusalem
quinta-feira, 15 de janeiro de 2015
sexta-feira, 25 de janeiro de 2013
quarta-feira, 21 de novembro de 2012
Exposición na Coruña: "Auschwitz-Birkenau"
terça-feira, 17 de julho de 2012
terça-feira, 6 de março de 2012
sexta-feira, 11 de novembro de 2011
Visita de AGAI a Mauthausen
Visita de AGAI a Mauthausen
quinta-feira, 25 de agosto de 2011
quarta-feira, 10 de agosto de 2011
De Ferrol a Mauthausen
El País - 10/08/2011
Rexistrado co número 3.640 e co triángulo azul dos apátridas cosido no seu uniforme, Vítor Manuel Ares entrou en Mauthausen en 1940, despois de pasar por outro campo de exterminio, e saíu con graves secuelas pola desnutrición cinco anos despois, o 5 de maio de 1945, cando os aliados penetraron en territorio nazi e topáronse coa industrialización da morte que perpetrara o réxime de Adolf Hitler. Como Vítor Manuel, outras 18 persoas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal padeceron na súa pel o horror dos campos nos que os presos, considerados infrahumanos, eran exterminados a través do traballo escravo. Agora as asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán propuxéronse rescatar as súas figuras, a través da investigación do historiador Enrique Barrera. Pretenden levantar un monumento cos seus nomes inscritos e publicar un libro no que se recompilen as súas historias.
Non todos tiveron a fortuna de sobrevivir -faleceron preto da metade dos 19-, pero o caso de Vítor Manuel, natural de Ares, é paradigmático. Era un suboficial da Mariña que combateu no bando republicano. Tras a vitoria franquista, exiliouse en Francia e como outros moitos galegos e españois foi internado nun campo de refuxiados. Cando comezou a II Guerra Mundial, recrutárono para unha Compañía de Traballadores Estranxeiros, que facía labores de apoio ao exército francés. Con todo, unha vez que as tropas nazis romperon a Liña Maginot e o Goberno galo se rendeu, as autoridades alemás e españolas acordaron enviar a uns 9.000 republicanos a campos de exterminio, dos que faleceron o 63%. Vítor Manuel foi dos que sobreviviu, a base para comer mondas e patacas crúas e grazas a unha "medio noiva" que era filla dun provedor e que lle daba comida ás agachadas, segundo relatou a un sobriño que lle foi a visitar en 1962.
A pesar desa alimentación extra, tras ser liberado tivo que estar varios anos recuperándose da desnutrición. A diferenza dos campos de exterminio xudeu (lager), nos de presos (stalags) non existía un programa de asasinato masivo, senón que se aproveitaba a forza de traballo dos reclusos e se lles subalimentada, ate que o deterioro impedíalles realizar o
s labores asignados. Entón matábanos e incinerábanos en fornos crematorios. Nun deles traballou Vítor Manuel. Outros presos, enfermos físicos e mentais, entre eles algún dos ferroláns, eran enviados ao próximo Castelo de Hartheim, onde, tras ser sometidos a experimentos científicos, eran gaseados.
Ao saír de Mauthausen, Vítor Manuel volveu a Francia e alí refixo a súa vida. Tras a guerra, nas igrexas francesas adoitábanse pór os nomes dos españois liberados, por se alguén quería reclamalos. En Perols, preto de Montpellier, había unha comunidade de exiliados do seu mesmo municipio, Ares. Cando viron o seu nome contactaron con el, e alí trasladouse. Traballou como mestre de obras e promotor inmobiliario e acabou casándose cunha española, tamén exiliada.
Os outros 18 represaliados desta comarca presentan peripecias bastante análogas, aínda que cada unha coas súas particularidades. Un deles, Juan José Casal, foi salvado in extremis por un amigo xudeu, que exercía como kapo -preso utilizado polas SS para controlar ao resto- e intercedeu para evitar o seu asasinato. Volveu a España a finais do sesenta, pero nunca quixo falar do seu pasado nos campos. Outro, Marcelino Pardal, valeuse das súas habilidades futbolísticas para salvar a vida. Xogara no Racing de Ferrol, e cando os nazis descubriron o seu talento alistárono no equipo do stalag. As SS organizaban partidos entre os distintos campos, por motivos propagandísticos ou de simple entretemento.
Para realizar esta investigación, que xa dura máis dun ano, Barrera botou man dos arquivos de Mauthausen, nos que os nazis apuntaban o lugar e data de nacemento de cada recluso, e asignábanlles un número de identificación. Tamén escudriñou rexistros municipais e realizado un amplo labor de campo, con entrevistas aos descendentes vivos. Algúns descoñecían que os seus parentes estivera en campos de exterminio, outros seguen vivindo en Francia.
Barrera destaca que é a terceira xeración, a dos netos, a que se interesa polo ocorrido cos seus familiares, fronte á actitude da xeración anterior, que optou polo esquecemento. "Forma parte da natureza humana que se queira restaurar a dignidade", salienta o historiador, que se revela contra a xustificación sen fundamento -co tópico de "algo faría"- de asasinatos e condenas "sen razón nin xuízo". Fronte a iso, opón as 19 historias de sufrimento e morte por formar parte do bando perdedor.
quinta-feira, 28 de abril de 2011
quinta-feira, 17 de março de 2011
terça-feira, 22 de fevereiro de 2011
sexta-feira, 18 de fevereiro de 2011
Charla-coloquio en Lugo
terça-feira, 8 de fevereiro de 2011
sábado, 22 de janeiro de 2011
sexta-feira, 21 de janeiro de 2011
sexta-feira, 3 de setembro de 2010
O son do Holocausto
Para o oínte desprevido podería parecer unha orquestra como tantas outras. Pero non o é. Estes mozos que interpretan obras de Vivaldi non tocan calquera violín, senón instrumentos que foron testemuñas mudas do Holocausto. Violíns que pertenceron a homes e mulleres asasinados nos campos de exterminio nazis. Un deles serviu mesmo para distraer ás vítimas que desfilaban cara aos traballos forzados ou as cámaras de gas. "Baixo o sol, a choiva ou a neve", explica Amnon Weinstein, un luthier israelí, iniciador do proxecto bautizado como "Os violíns da esperanza". Neste a súa viaxe á memoria acompáñalle un dos mellores instrumentistas da súa xeración: o israelí Shlomo Mintz. Ambos recalaron na Suíza francesa grazas a unha iniciativa do Festival Internacional de Música de Sion. Trátase da primeira xira desta orquestra formada por de 16 instrumentos únicos: Nunca abandonara Israel e, segundo anuncia Mintz, unha das etapas da xira será en xaneiro de 2011 en Madrid.
.
.
quarta-feira, 3 de fevereiro de 2010
Pensad que esto ha sucedido. Grupo Eleuterio Quintanilla

Revista Galega de educación - Núm. 44 • xuño 2009
http://www.equintanilla.com/documentos/revistagalega.zip
O Grupo Eleuterio Quintanilla está composto por docentes dos diversos niveis da ensinanza pública e leva máis dunha década traballando, entre outros aspectos, na análise e elaboración de materiais curriculares a prol da aceptación da diversidade e o rexeitamento de calquera discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión ou outra condición ou circunstancia persoal ou social. Nesta mesma liña se sitúa a nova publicación do Grupo, a través da cal os seus autores pretenden, na medida do posible, contribuír ao estudo do Holocausto dende a escola. Neste sentido, debemos ter en conta que a contribución da pedagoxía ao estudo das causas e consecuencias do nazismo foi máis ben escasa e, unicamente, dende a Educación para a Paz se teñen realizado algúns traballos con tal finalidade. “A necesidade e importancia da temática abordada neste libro”, con estas palabras comeza o recentemente falecido Suso Jares o prólogo deste libro facendo referencia á escasa relevancia que ata o momento se lle ten outorgado a esta temática. Un libro que, como os propios autores sinalan, ten sentido pola escasa cultura que existe no noso país sobre un dos acontecementos centrais da Europa do século XX e vixente aínda nos nosos días.
.
Lembremos, por exemplo, as continuas invitacións dos medios audiovisuais a revivir aquela tremenda realidade. O Holocausto, retomando novamente palabras dos autores, constitúe unha gran oportunidade para que dende as escolas os docentes poidan traballar na construción da cidadanía, unha cuestión que coa aprobación da LOE (máis aló dos debates políticos que neste sentido se teñan xerado) se ten convertido nunha das prioridades do sistema educativo do noso país. Atendendo á organización da obra, o primeiro aspecto que debemos subliñar é que se compón de tres capítulos claramente estruturados, o cal facilita enormemente a súa lectura e manexo. No primeiro deles, recóllense os aspectos clave dunha investigación que conta con dúas partes diferenciadas pero ao mesmo tempo complementarias. Por un lado, realízase unha análise dos libros de texto máis habituais nas nosas escolas nos niveis de 4º de ESO e 1º de Bacharelato e naquelas materias que acostuman a recoller aspectos relacionados co Holocausto, quedando a mostra final en 42 manuais. A segunda parte da investigación ten como principal propósito analizar o nivel de coñecementos e actitudes dos estudantes dos niveis referidos, así como avaliar as fontes do dito coñecemento.
.
O segundo capítulo ten a súa orixe nos resultados da investigación realizada. Tanto a análise dos manuais escolares como os coñecementos e opinións dos alumnos implicados no estudo levado a cabo, nos invitan a reflexionar sobre a perspectiva que ata o momento dirixiu o tratamento deste acontecemento nas escolas. Os autores presentan unha interesante proposta didáctica con numerosas orientacións metodolóxicas para o estudo do Holocausto dende a escola. O capítulo terceiro, é dicir, o que pecha o libro, enriquece en alto grao a proposta didáctica dos autores. Nel recóllese unha magnífica selección de recursos, agrupados en función do seu formato (libros, vídeos,...) ou temática (arte, música...), que será de gran utilidade para o profesorado. Se ben son moitos os aspectos a destacar desta publicación, non queremos deixar de reiterar a súa relevancia nun momento histórico no que é clara a necesidade de inverter maiores esforzos na formación de futuros cidadáns, sobre todo no que ten que ver cos valores e principios propios dunha sociedade democrática. Trátase, en definitiva, de incrementar o capital cívico do alumnado. No entanto, atopámonos con que boa parte do profesorado, elemento clave no proceso, encontra numerosas dificultades para afrontar os novos desafíos que a sociedade actual lle ten encomendado. Tal e como se ten posto de manifesto en diversas investigacións realizadas sobre esta cuestión, a falta de formación e recursos son dous dos principias obstáculos que impiden, ou polo menos limitan, o seu quefacer profesional. Por todo o dito, consideramos que os docentes atoparán nesta publicación resposta a moitos dos atrancos que poidan xurdir no camiño, ao tempo que, desexamos, sirva de referente para a elaboración de manuais de similares características.
sábado, 30 de janeiro de 2010
Galegos no campo de Mauthausen

Por Henrique Sanfiz
www.radiofusion.eu
.
"Andaban con eles coma cos gorrións" contaba Avelino Casal do seu tio Chucho. Os nazis viñan por eles aos barracóns, seleccionaban a uns cantos, e dicianlles: "Imos facer unha viaxe, metíannos nun tunel onde botaban o gas, os tonteaban e logo xa ian para o forno".
Xoán Xosé Casal Chao nacera en Barallobre (Fene A Coruña) o 30 de abril de 1910. En 1936 era cabo segunda do cruceiro Miguel de Cervantes, buque que se atopaba en Ferrol, pero que recibe ordes de coller rumbo ao estreito de Xibraltar. O 19 de xullo a dotación do barco, ao ter evidencia de que os xefes e oficiais pretenden sumarse ao golpe de estado contra a República, os deteñen e toman o mando do cruceiro. O Cervantes permanecerá durante toda a guerra defendendo o réxime establecido pola zona do Levante. En marzo de 1939 a raiz da entrada das tropas de Franco en Cartagena, Casal logra pasar a Francia e se instala en Marsella, onde ao pouco xa o prenden as tropas alemáns. Entra deportado no campo de exterminio de Mauthausen en abril de 1941. O Exercito americano libera aos presos en maio de 1945 (Estou vivo por unha hora, contarálle Chucho ao seu sobriño) e él entón trasládase a Toulouse onde entrará a traballar nunha fábrica de bicicletas.
Andando os anos fai xestións para retornar a Galicia e volve na década dos 50, volvendo vivir coa súa muller e cunha filla. Casal Chao entrará logo a traballar en Astano. Xunto con Chucho, outros galegos viviron tamén o pesadelo dos campos nazis. O ferrolán Marcelino Pardal Pouso, (falecido no pasado ano 2009 en Beziers Francia), o tamén ferrolán Antonio Cendán, os mugardeses Manuel Fernández García (Olmedo) e José Pereira; Carlos Romero Rebón, de Cervás, Ares; os ferrolans Francisco Gómez Iglesias e Manuel Ponte Palmeiro; José Andrés Pena Losada, de Franza (Mugardos); Manuel Peña Martínez, de Freixeiro (Narón). O grupo máis grande de galegos en Mauthausen o formaban os procedentes de Ferrolterra.
Podes escoitar O sobriño de Chucho contaba cómo se vivía en Mauthausen
terça-feira, 19 de janeiro de 2010
O convoi.
Alexandra e Florian, estudantes de Erasmus, vanse de road-movie polas estradas de Europa en procura das discriminacións que aínda arrasan nas nosas sociedades. Séntense inspirados pola lectura do Diario íntimo que unha moza xudía de 27 anos, Etty Hillesum, redactou en Ámsterdam entre 1941 e 1943. Etty mostra a súa fe inquebrantable no Home á vez que este cumpre o seu proxecto histórico máis macabro: "Xa o sei todo", escribe. "E con todo, considero que a vida é fermosa e está repleta de sentido. En cada instante". A través das persoas que se cruzan no seu camiño en Ámsterdam, Bruxelas, Colonia, Berlín e Auschwitz, Alexandra e Florian toman conciencia dos mecanismos que foron accionados durante o pasado e que non hai que perder de vista se non queremos ceder ao medo e o odio. Cada testemuña que nos atopamos parece preguntarnos: "Hoxe, a Vida, por onde está transitando?"
sexta-feira, 15 de janeiro de 2010
Holocausto. De Alfonso Zapico








