Hai unhas semanas o BNG cometeu unha grave torpeza ó propoñer no Parlamento Galego un texto sobre o Holocausto que nin sequera menciona os xudeus, vítimas principais da barbarie racista nazi, e que ademais propugnaba mesturar esta condena cunha avaliación política do actual conflito palestino-israelí: isto é, allos con bugallos, por usar unha expresión suave. A cousa provocou xa algunha dimisión no BNG. E chove sobre mollado porque o debate vén de atrás.
LIGAZÓNS
- Amical Mauthausen
- Aragoneses víctimas del nazismo
- Arístides de Sousa Mendes
- Associaçao Memória e Ensino do Holocausto
- Bamá Grupo de Estudios de la Shoah
- Blog Nazismo y Holocausto
- Casa de Anna Frank
- Comité do Holocausto en Brasil
- Didactica Shoa
- Día Internación Recordo das Vítimas da Shoáh
- El Arbol de Anna Frank
- El Holocausto
- Enciclopedia Temática del Holocausto
- Estudio Literatura del Holocausto
- Foro El Holocausto
- Fundación Internacional Raoul Wallenberg
- Fundación Memoria del Holocausto
- Grupo Zivia Lubetkin (Esp)
- Guía concisa del Holocausto
- Holocausto e Antisemitismo
- Holocausto en Español blog
- Holocausto y Educación
- Holocausto y Ética
- Holocausto.doc
- Imagen e Historia
- Lista españoles muertos en campos nazis
- Marcha por la Vida
- Mauthausen en español
- Memoria de un testimonio 1933-1945
- Memoria do Holocausto desde Galicia
- Memorial Museum Holocaust en español
- Memorial Museum Holocaust en portugués
- Museo del Holocausto (México)
- Museu Virtual de Arístides de Sousa Mendes
- ONU Programa divulgación Holocausto
- Peliculas del Holocausto judío
- Proyecto Shoá
- Violeta Friedman
- Web de Jack Fuchs
- Yad Vashem en español
- Yad Vashem Jerusalem
domingo, 15 de fevereiro de 2009
Hai unhas semanas o BNG cometeu unha grave torpeza ó propoñer no Parlamento Galego un texto sobre o Holocausto que nin sequera menciona os xudeus, vítimas principais da barbarie racista nazi, e que ademais propugnaba mesturar esta condena cunha avaliación política do actual conflito palestino-israelí: isto é, allos con bugallos, por usar unha expresión suave. A cousa provocou xa algunha dimisión no BNG. E chove sobre mollado porque o debate vén de atrás.
quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009
A memoria como escritura: conversa con Jorge Semprún


.
a, e para intercambiar toda clase de informacións. Pola rede da resistencia captábanse, de maneira clandestina, Radio Moscova e Radio Londres. Había moitas cousas que facer. De cando en vez mesmo organizamos pequenos actos culturais, recitais de poesía, cousas moi pequenas e simples pero que servían para animarnos. Ou sinxelamente reuniámonos para comer algo que se puxo en común ao longo da semana, algo que se logrou conseguir e que era a efémera escusa para estar xuntos e conversar. Había outros grupos que non se reunían por razóns políticas, senón por motivos relixiosos. Grupos de crentes cristiáns que se reunían ao redor dun pastor protestante ou un sacerdote católico -quen, por certo, non tiñan ningún privilexio nos campos nazis; eran tratados igual que o resto dos deportados e no transporte até o campo moitas veces peor, xa que o levar sotana convertíache no albo sistemático do porrazo dos gardas das SS. No campo reuníanse para nada e para todo: para sentirse vivos, para reencontrarse na súa fe, posiblemente para confesarse e obter algo do trato espiritual co Deus da súa crenza. Tamén había grupos de deportados, en xeral franceses, que se reunían para algo que parece absurdo, pero que ten moito sentido: recordar e contarse xantares e banquetes de outrora. Por último, existía outro tipo de reunións dominicais, dentro dese espírito de unión por afinidades: había o grupo do recordo da muller, que podía ser un recordo etéreo ou moi groseiro. Esta sería a clasificación somera das charlas dos domingos e dese espazo de liberdade. Noutra escala, o mesmo sucedía nas letrinas, onde non adoitaban entrar os gardas das SS.
bir unha historia de amor ou unha epopea de resistencia. O non poder narrar esa experiencia dos campos cortábame toda posibilidade de ser escritor. Para min, nese sentido, a política era ideal. Sobre todo a que se pretende, cre ou autoproclama revolucionaria, porque sempre está no porvir. Non necesitas para nada a análise persoal do pasado, ou polo menos iso cres. Todo está no mañá, aínda que o prazo sexa indefinido: mañá acabamos con Franco, mañá faremos isto ou aquilo... Así que a política foi para min unha grande terapia de vida. Non é casual que cando se remata este motor vital, porque estou xa en desacordo moi forte coa liña do Partido Comunista, regresa a posibilidade literaria. O meu desacordo co partido empezou certamente antes, pero seguín durante certo tempo por fidelidade aos camaradas da clandestinidade e porque na época da ditadura de Franco, por moi equivocado e moi estalinizado que estivese, era útil. Aínda que non consiga nada do que se propuña, o partido foi útil, xa que as súas loitas, en condicións moi adversas, foron as sementes de moitas cousas. Pero chegou un momento en que me dei de conta de que por útil que fose non podía ser o partido da transición nin do posfranquismo, porque non era un partido democrático. Por iso Fernando Claudín e eu propuxemos un cambio de método, que se apegase máis á realidade social creada durante o franquismo e menos á teoría ou aos ditados de Moscova; proposta que derivou na nosa expulsión do PCE. Pero, sobre todo, aquilo que eu quería contar pódoo xa contar porque xa non é unha experiencia de morte, ao contrario, é unha experiencia de nova vida, ábrome a un novo percorrido vital: o de escritor. A iso engádese o detalle, que sempre fai que as cousas cristalicen e realícense, de estar a escoitar a Manolo Azaustre, no piso clandestino de Madrid -todas as noites ou dúas noites cada semana, dependía do seu humor ou do meu-, contarme o que era o campo de Mauthausen. E eu pensaba: "Pero quen pode entender e comprender o que pasaba nese campo cun relato así. Isto hai que estruturalo", e de aí nace o intento de escribir e a comprobación inmediata de que aquilo que foi imposible dezasete anos antes víñame moi fácil. Cando empecei O longo viaxe era membro do buró político do Partido Comunista Español e clandestino en Madrid, así que non pensaba publicalo, era sinxelamente unha nova terapia de liberación. Primeiro o esquecemento foi a terapia, agora a memoria era a terapia.
n, son exercicios de tradución. Fago intentos de tradución de Paul Celan ao español, aínda que está moi ben traducido, ou de traducir a Góngora ao francés, que non o está tanto.sexta-feira, 23 de janeiro de 2009
Entrevista con Rudolf Höss

-"Tiven unhas queimaduras como consecuencia de que os británicos, cando me capturaron me atoparon medio espido e o único que fixeron foi botarme unha manta enriba e levarme ao cárcere; non me deron calcetíns nin zapatos", foron as súas primeiras palabras, a modo de explicación e queixa.
-Ter os pés en auga fría aliviame a dor, concluíu
O home que así se manifesta chámase Rudolf Höss.
-Cal era o seu cargo oficial?, pregúntalle o Dr. Goldenshon
-Eu fun comandante en xefe de Auschwitz-Birkenau, durante catro anos.
-Cantas persoas foron executadas en Auschwitz durante ese tempo?
-O número exacto é difícil determinalo. Eu calculo que arredor dun millón e medio de xudeus.
-E iso que lle parece?
Rudolf Höss non contesta. Leon Goldenshon repite a pregunta.
-Eu recibía ordes persoais de Himmler, responde impávido e indiferente, cos seus pés na tina, mentres se frota as mans para entrar en calor. Rudolf Höss nacera en 1900 en Baden-Baden, dunha familia católica, aínda que tempranamente o mozo Rudolf abandonou a fe da súa familia, coa que -por outra parte- pronto rompería todo vínculo. Estudante mediocre, a Primeira Guerra Mundial foi, como para moitos outros aventureiros, unha oportunidade. Apenas cumpridos os 15 anos alistouse voluntario, na fronte turco. Cando terminou a guerra, o agora sarxento de infantería desocupado Rudolf Höss, mantívose fiel ao oficio da violencia e converteuse ao nacionalsocialismo. En 1923 foi condenado a dez anos, con traballos forzados, polo asasinato do dirixente comunista Walter Kadow. Pero só cumpriu cinco. Durante este encarceramento Höss converteuse en experto coñecedor da psicoloxía dos presos. Desta experiencia veulle a idea demaquillar as cámaras de gas como duchas para que o asasinato se produza sen rebelión por parte dos condenados. En 1934 descubriu un oficio para o que estaba particularmente dotado: a administración de campos de concentración. Comezou en Dachau e foi ascendendo ate ser nomeado en maio de 1940 Comandante de Auschwitz-Birkenau, un novo campo de concentración, situado nunha pequena localidade do Sur de Polonia, a 60 quilómetros de Cracovia, na Alta Silesia. Cando Höss chegou a Auschwitz, todo o que había no lugar eran uns barracóns semiabandonados que databan da época austrohúngara. A poboación dos sete pobos próximos ao campo foi evacuada e cos trinta primeiros presos comezou a construción dun campo modelo. Logo fixo inscribir sobre a porta principal a lenda "Arbeit macht frei" (O traballo libera). Orixinalmente Auschwitz foi pensado como un campo de traballos forzados, unha sorte de sinistro polígono industrial. Höss traballou eficientemente e axiña houbo decenas de subcampos destinados a albergar instalacións industriais, que se beneficiaban do traballo escravo. Edificáronse grandes talleres, desecáronse zonas pantanosas e construíronse explotacións agrícolas modelo. Auschwitz-Birkenau cubría a impresionante superficie de 5.000 hectáreas. Höss, felizmente casado, con cinco fillos, cuxas idades ian dos dous aos quince anos, instalouse con toda a súa familia nunha casa situada xusto diante do campo de Auschwitz. O laborioso comandante arranxouna, fixo un xardín arredor e ampliouna ate dez habitacións, non luxosas, pero confortables. O modesto sono dun administrador de éxito. Un día Höss foi chamado por Heinrich Himmler, o seu superior inmediato quen lle comunicou que o Führer ordenara a solución final do problema xudeu. Polo tanto, encomendoulle a proposta de ideas e plans precisos para efectivizar o programa de exterminio en Auschwitz.
-"Este é un traballo duro, pero hai que facelo", díxolle Himmler. Höss, xustificaríase.
-Que fose necesario ou non ese exterminio en masa dos xudeus, a min non me correspondía poñelo en tea de xuízo, quedaba fóra das miñas atribucións. Se era oede do mesmísimo Führer, non correspondía a un nacionalsocialista de toda a vida coma min, e moito menos a un Führer das SS, poñelo en dúbida".
Auschwitz-Birkenau, converteuse no compromiso exacto entre xenocidio, traballo e pseudoinvestigación científica. Nese marco, na primavera de 1943, foi destinado a Auschwitz un mozo doutor de Baviera: Josef Mengele. Obsesionado coa bioloxía hereditaria, Mengele apostábase, elegantemente vestido, á chegada dos trens e, coa súa fusta, seleccionaba nenos para realizar todo tipo de experimentos. Na súa segunda entrevista co Dr. Goldenshon, o 9 de abril de 1946, Höss contaría con luxo de detalles a súa actividade nas tarefas de exterminio coa mesma precisión e frialdade con que o faría o xerente dun frigorífico que debe cubrir cotas de exportación. A Höss importáballe a eficiencia. En Auschwitz instalouse a primeira cámara de gas; e foi o primeiro campo en empregar o gas Zyklon B. Hoss estaba en todos os detalles; por iso a súa vida resumíase na recorrida expresión "de casa ao traballo e do traballo a casa". Incluso confesou o seu esgotamento nervioso por exceso de traballo.
-O último ano que estiven en Auschwitz traballaba demasiado. O exterminio era só unha pequena parte das miñas responsabilidades. Todas as noites soaba o teléfono para convocarme a algún sitio. A miña esposa queixábase a miúdo de que pasaba moi pouco tempo coa miña familia e de que só vivía para o traballo.
-A súa esposa coñecía os detalles do seu traballo? Pregúntalle o Dr.Goldenshon.
-Só a partir de 1942. Ao principio pareceulle cruel e terríbel. Pero eu expliqueillo do mesmo modo que Himmler mo explicara a min. Entón ficou satisfeita e non volvemos a falar do tema.
O Doutor Goldenshon pregúntalle:
-Na súa opinión, Vostede é un sádico? Höss responde con convicción:
-Non, nunca lle peguei a un interno, en todo o tempo no que fun comandante.
-Ten pesadelos algunha vez?
-Nunca.
-Lamenta algo?
-Lamentarse é cousa de nenos. Pero se hai algo que me lamento é non ter pasado máis tempo coa miña familia. En abril de 1947, Rudolf Höss, o eficiente comandante en xefe de Auschwitz-Birkenau, foi condenado á forca e executado diante da entrada do crematorio do antigo campo de exterminio.
A detallada entrevista foi publicada polo Leon Goldensohn, nas "Conversacións de Nüremberg", editado en español como "As entrevistas de Nüremberg" pola Editorial Taurus-Santillana
O galego 4049 de Mauthausen. Por Manuel Rivas

Por Manuel Rivas
.
Estamos nunha casa de Négrepelisse, na prefectura de Tarn et Garonne, no departamento Midi-Pyrinées, en Francia. É o día 6 de agosto de 1945. Un home escribe unha carta o 6 de agosto. Vai para trinta anos. Naceu en San Miguel de Mones, na aldea do concello de Petín, Ourense, o 18 de novembro de 1915. Mais no seu aspecto semella que pasou o século enteiro como unha apisoadora por riba del. Agora non. Xusto agora, non. Porque está a escribir unha carta.Para el esa carta é máis importante que calquera outra cousa que se poida escribir. Moito máis importante que unha obra mestra. Talvez, de estabelecer algunha comparanza, a carta que escribe laboriosamente, porque non está afeito a escribir, porque leva moito tempo sen poder escribir, mesmo diriamos, e non sería esaxerado, que leva moito tempo sen vivir, pois esa carta, cunha letra que avanza a ritmo de buril en táboa de madeira, tería por título axeitado o de Á procura do tempo perdido, o que puxo Marcel Proust á súa magna obra.
Iso é o que fai Albino González. O galego que vai para trinta anos que chegou a Négrepelisse e que se puxo a escribir unha carta. Este home silandeiro escoita o son da súa propia escrita como unha "voz baixa" da Historia humana. El tamén anda á procura do tempo perdido. Marcel Proust transformou a enerxía da memoria en tempo de pescuda. Lembrar sería un ir á procura. E iso transformou a narración. Xa non só se trataría de facer biografía ou reflectir o pasado. O tempo da novela xa sería un novo tempo. O presente que contén o pasado e que presinte o futuro.Albino González, ao seu xeito, utiliza a técnica de Proust. Mais ten que ser cauto na expresión do seu lembrar, malia a escribir á persoa que máis quere no mundo. Escribe a María. Escribe a Ibiza. Non desexa lectores. Abonda con María. Sería un triunfo que María o lese. Mais el sabe que vai ter máis lectores.
. Tirado do xornal El País 21.11.08
quarta-feira, 21 de janeiro de 2009
sábado, 17 de janeiro de 2009
A mensaxe do Holocausto no século XXI. Por Shlomo Ben-Ami

A 62 anos da derrota do nazismo e o exterminio do xudaísmo europeo
Por Shlomo Ben Ami
Discurso, pronunciado o día 26 de xaneiro no Congreso dos Deputados de Madrid con motivo do Día da memoria do Holocausto.
60 ANOS DESPOIS DA DERROTA DO NAZISMO e o exterminio do xudaísmo europeo, acompañado de masacres e barbaridades cometidas contra outros colectivos políticos e étnicos, a mensaxe do Holocausto xudeu segue máis vivo que nunca. Máis que nada e perante todo, este reside na aterradora narrativa cuxos plenos detalles probablemente non se coñecerá nunca. Os xudeus --esa mensaxe non debe cambiar--, foron vítimas da maior barbarie xamais cometida contra un pobo pola mera razón de existir, de ser. Pero desde alí, ábrese o camiño á nosa pedagoxía como cidadáns que queren construír un mundo mellor sobre as cinzas do pasado.
UN Holocausto é unha historia de verdugos e de inocentes, diso non pode caber ningunha dúbida. Pero, tal e como reflícte "O pianista" de Roman Polanski, a mensaxe pode as veces ser algo máis complexa. A odisea do pianista Vladislav Spielman quebra todos os moldes, pois na longa noite do Holocausto xudeu, cando a noso pobo estaba rodeado de chamas sen posibilidade algunha de fuxir do inferno, apareceron polacos e alemáns bos e incluso algúns xudeus malos, os mesmos que nos primeiros anos do Estado de Israel serían procesados por colaboración coa besta nazi. Non deixa de ser intrigante que a lei israelí para o procesamento dos nazis e os seus asistentes sexa ate hoxe aplicada principalmente a colaboracionistas xudeus, na súa maioría pobre xente que o que querían era saír do inferno da maneira que fóra, ser kapos nos campos era unha delas. Pero, a pesar de todo, raios de luz de xenerosidade e de humanidade sobreviviron en medio da escuridade. Ao final, o espírito do home como un ser que pode facer o ben non morreu nin en Auschwitz. O pranto xudeu ten seis millóns de razóns, pero ao mesmo tempo estamos chamados a recoñecer o ben que sobreviviu ao mal. Alí está o caso dos xustos entre as nacións. O concepto dos xustos entre as nacións --Hasidei Umot Haolam-- está ancorado nunha milenaria tradición xudía Batia --filla de Deus-- así definiu a tradición á filla do Faraón que salvou ao bebé Moisés do exterminio decretado polo seu pai a todos os primoxénitos hebreos. Ate hoxe, máis de 20.000 non xudeus foron recoñecidos como Hasidei Umot Haolam ao arriscar as súas vidas para salvar xudeus ao longo do Holocausto. É verdade, os nazis non poderían cometer a solución final sen a complicidade activa dos seus propios concidadáns alemáns e dos seus veciños ucranianos, polacos, estonios, latvios, lituanos, húngaros, croatas, franceses, holandeses, belgas, italianos, gregos, iugoslavos e incluso noruegos. Non obstante, naquela Europa enferma moralmente existiron illas de excepción, ocasionalmente, persoas decentes que arriscaron as súas vidas ao abrir súas casas, os seus mosteiros e igrexas para introducir un raio de luz naquel inferno no que parecía que Deus desaparecera.
DOUS. A partir do momento no que o sistema nazi se impuxo en Alemaña en 1933, non poucos gobernos occidentais abriron as súas portas aos refuxiados xudeus. Iso --é necesario constatalo--, foi previo á política de exterminio, cando se trataba só de deportación. Estados Unidos aceptou máis de 150.000, Gran Bretaña 80.000, (incluíndo 10.000 nenos no que se coñeceu como a 'Kindertransport operation' despois do Kristalnacht de 1938). Máis tarde, Europa deu as costas aos xudeus, e pechoulles as súas portas. A guerra absorbeu todas as súas enerxías, e non quedaba espazo de xenerosidade para os xudeus. Pero incluso cando os gobernos nos traicionaron, alí estaban diplomáticos individuais dispostos a cruzar os límites das instrucións dos seus gobernos para facilitar visados. Entre estes salientar o británico Frank Foley, e o Cónsul Xeral chinés en Berlín, Dr. Feng Shan Ho. Ao estoupar a guerra incorporouse a esta sagrada labor de salvación un número considerable de diplomáticos: o holandés Jan Zwartendijk e o xaponés Chinne Sugihara en Lituania; o portugués Arístides de Sousa Mendes que axudou no sur de Francia a miles de refuxiados xudeus a cruzar a fronteira cara España como país de tránsito para América. Co mesmo obxectivo e facilitando un itinerario similar actuou en Vichy o americano Varian Fry. E que dicir do sueco Raul Wallenberg e do español Ángel Sanz-Briz, ambos anxos protectores de miles de xudeus en Budapest. Na ocupada Polonia onde todos os xudeus estaban obrigados a vivir en ghettos, e o fame precedía ao exterminio físico como o maior axente da morte, os alemáns non permitiron ningunha saída. Antes de ser un magno campo de exterminio, Polonia, o xeneral gubernament, foi a prisión colectiva non só dos xudeus polacos senón de gran parte do xudaísmo europeo. De feito, o exterminio masivo das xudeus comezou coa operación Barbarrosa, a invasión da Unión Soviética en xuño do 1941, un espazo onde máis de 2 millóns de xudeus vivían naquel intre. O método era simple, e non foron só os nazis da SS senón as oficiais da Wermacht os que levaron a cabo a barbarización da guerra, sen gases nin cámaras, a través de execucións masivas e fosas comúns. De alí o matanza de Babi Yar, un inferno sobre o cal escribiu máis tarde o poeta Yavtushenko que en Babi Yar non hai nin monumento nin homenaxe aos masacrados. Desa maneira foron executados un millón de xudeus polos Eizensgruppen. Pouca, moi pouca labor quedaba alí para os Hasidei Umot Haolam. Pero, aínda así os houbo. En Byalistok, a primeira cidade alemá conquistada pola Wermacht, centenares de xudeus foron encerrados na sinagoga que acto seguido foi incendiada por unha patrulla de soldados. Os xudeus intentaban fuxir sen éxito, e practicamente todos acabaron mortos; pero non todos. Un cristián polaco, empregado da sinagoga en labores de limpeza e mantemento --cuxo nome nunca se saberá-- puido abrir unha pequena fiestra na parte traseira da sinagoga, a través da cal puideron fuxir unha ducia de xudeus. Foron 2000 os cadáveres sepultados naquela sinagoga de Byalistok.
Non lonxe de Byalistok, en Jedwabue, tanto a masacre como o raio de luz e humanismo chegaron da man da poboación polaca local. Mil xudeus foron asasinados por aldeáns polacos, pero sete, todo un mundo, foron salvados por unha tal Antonina Wyrzykonska. Relixiosamente protexeunos con enormes riscos para toda a súa familia, durante 28 meses. Antonina acabaría a súa vida en Chicago, non porque ela quixese separarse da súa terra, senón porque os seus veciños a perseguiron e fixeron a súa vida imposible por ter salvado a 7 xudeus da aldea. Os mesmos que lle debían a súa vida axudárona a instalarse en Estados Unidos. E non son estes máis que exemplos selectos e non necesariamente os máis destacados. Pois poucos casos son tan emblemáticos como, por exemplo, o de Yanush Korchack, o pedagogo polaco que foi á morte cos seus alumnos xudeus por coherencia cos valores que lles inculcou nas súas clases.
TRES. Cales eran os motivos destes xustos entre as nacións que optaron por salvar a xudeus da deportación e o exterminio? Máis que nada eran persoas que elixiron actuar; a súa foi unha decisión de comportarse dunha forma civilizada, dunha maneira humana. Rehusaron renderse ao paso irresistible da barbarie. Non se trataba de persoas que actuaron de forma espontánea; máis ben valoraron os riscos para eles e para as súas familias e tomaron unha decisión. A presenza de Deus non se notou en Auschwitz; pero ao mellor, e a pesar de todo, si a través do heroísmo destes homes e mulleres electos. Non deixa de ser interesante esta obsesión do Estado de Israel de buscar e rescatar do esquecemento aos xustos. As veces parece que con esa busca o que queremos dicir é que o home é unha besta cruel, e o que nos preguntamos: por que estes xustos se comportaron dunha forma tan anormal? Son eles os normalmente humanos ou son os outros? Tristemente, Hannah Arendt, coa súa banalidade do mal diría que os estraños e anormais eran os xustos e que o mal é o intrinsecamente humano. Para Carl Lutz en Budapest os seus actos de heroísmo para salvar xudeus en Bucareste eran naturais á súa condición de cristián. E ese foi o motivo, relixioso tamén, dalgúns baptistas polacos en Polonia oriental. O papel do Vaticano no Holocausto segue sendo un capítulo aberto e controvertido. Pero cristiáns de fe e amor, xente da a pé, estiveron na vangarda da salvación de xudeus. Son eles quen indicaron os límites do mal, pero tamén a fraxilidade do ben. O ben é sempre difícil, raro e fráxil, pero nunca imposible incluso no inferno dos infernos. Actos de altruísmo heroico non son o monopolio dos Mahatma Ghandi ou Albert Shweitzer; son de feito a manifestación diaria de persoas ordinarias cuxo coraxe moral emana dos camiños rutineiros a través dos cales viven as súas vidas.
CATRO. O imperativo xudeu de lembrar e conmemorar e recoñecer a heroica labor de salvación dos xustos dignifícanos como seres humanos; estamos obrigados a lembrar o ben, non só o mal. É obrigatorio que esta lembranza siga viva máis alá do momento en que o holocausto sexa unha memoria viva. Porque non se trata simplemente de recoñecer a coraxe individual, senón de inmortalizar a lembranza do ben que o ser humano é capaz de facer en momentos en que a civilización parece ter sido secuestrada polas forzas do mal absoluto, lembrar o castelo de carácter do individuo anónimo ao acudir ao rescate das vítimas da barbarie. Máis aínda, trátase de resaltar a fe e a convición de que o home --se é que temos que aprecialo como unha criatura única-- ten unha capacidade sen límites para o ben, para unha conduta ética e moral. Esta parte de luz e esperanza no carácter do ser humano é máis que suficiente, se a rescatamos e a cultivamos, para combater e incluso derrotar á súa parte escura.
CINCO. Hai 15 anos, o xornalista polaco-alemán Henruck Broder acuñou o "bon mot" segundo o cal os alemáns nunca perdoarán aos xudeus polo Holocausto. Iso é hoxe máis que nunca unha verdade tanto en sectores da esquerda como da dereita europea. Desde logo de que criticar a Israel non é antisemitismo, pero illar a Israel como o único obxecto de crítica e denigración nun planeta onde abundan as violacións de dereitos humanos e os xenocidios --de Darfur a Ruanda e Chechenia---, pode as veces que si o sexa. Dicía cinicamente Sir Isaiah Berlin que odiar aos xudeus non é antisemitismo, senón odialos máis do que é necesario.
Agora a moda é a negación do Holocausto. Se esta non fose unha epidemia non se moverían hoxe tantos gobernos europeos a lexislar a penalización da negación, pois, como o expresaba onte o presidente italiano Giorgio Napolitano hai un camiño directo que conduce da negación do Holocausto ao antisionismo.
Nestes días, é a propia Asemblea Xeral da ONU, posiblemente de forma unánime, a que podería subscribir unha condena incondicional á nefasta cultura da negación. A negación da Shoá é en realidade unha forma de desafiar a existencia do Estado xudeu posto que este foi presentado como a xustificación última do Sionismo. Ahmedineyad non inventou nada. O "Institute for Historical Review" de Estados Unidos leva longos anos negando o Holocausto; e ese é tamén o caso de non poucos institutos a través do mundo árabe. "Os (falsos) Protocolos dos sabios de Sión" e tópicos inequivocamente antisemitas foron divulgados persistentemente por persoas e institucións do máis alto nivel a través do mundo árabe. Gran parte da esquerda tende a negar a persistencia do antisemitismo agás cando este vén das filas da dereita. A venda de "Mein Kampf" se dispara constantemente a través de Oriente Medio e os "Protocolos" vendíanse descaradamente no Congreso Contra o Racismo da ONU en Durban, un foro, sexamos honestos, netamente de esquerdas.
O relativismo é tamén outra forma de negación do Holocausto. A partir do fin da Segunda Guerra Mundial houbo unha desafortunada tendencia de asimilar todo tipo de opresión ou agresión co nazismo, a GESTAPO ou as SS. Frecuentemente non se trata máis que de politiqueo barato ou preguiza intelectual. Non obstante, é difícil crer que toda comparación de Ariel Sharon con métodos nazis, e a definición do terrorismo suicida como reflexo dunha resistencia parecida á francesa contra os nazis, é simple inxenuidade.
Cando toda morte civil se converte en crime de guerra, o concepto se devalúa e perde o seu significado; e cando toda expulsión de civís dunha aldea se converte en xenocidio, é que non sabemos xa que é realmente Xenocidio. Cando Auschwitz está en todas partes iso significa que non está en ningunha; e cando toda ocupación militar é un "holocausto", o Holocausto acaba borrándose da nosa memoria e parece que iso é precisamente o obxectivo daqueles que erroneamente cren que para mobilizar simpatías a favor dos palestinos é necesario borrar toda simpatía a favor dos xudeus, sexa en Israel ou na Diáspora, posto que só así pode a "raison d'etre" de Israel ser cancelada. Cando todo é idéntico é que a vida da razón cedeu á propaganda visceral. A distinción, a capacidade de distinguir entre fenómenos humanos e históricos, é un signo de civilización. Así que cando o poeta oxoniense Tom Paulin se pon do lado de quen compara sionismo con nazismo, e cando Saramago fala da batalla de Jenin, onde 52 terroristas e 20 soldados israelís morreron, coma se fóra Auschwitz, é a condición do artista e do intelectual a que está a ser violada. Dicíao Milan Kundera con gran humildade no seu discurso de 1985 ao aceptar o premio Xerusalén: as grandes novelas son sempre algo máis intelixentes que os seus autores.
SEIS I Pero, tamén nós as israelís temos a obriga de ser cautos coa nosa mensaxe e coas metáforas que manipulamos. A Shoá é, pois, non só unha ferida dunha envergadura meta-histórica, é tamén un axente presente na configuración da nosa identidade e unha posible explicación de non poucos dos complexos espirituais e políticos da nosa vida como israelís e xudeus. Se no país máis poderoso de Oriente Medio toda guerra ou ameaza pode ser inmediatamente interpretada coma unha introdución ao Holocausto, é que nós mesmos axudamos a esa banalizacin da Shoá. Ese foi claramente o caso da Guerra dos Seis Días e da Guerra de Yom Kippur. Desde logo, a Guerra do Golfo, coas súas máscaras antigás, os mísiles de Saddam e a sensación de vulnerabilidade total, non fixo máis que consolidar máis aínda se cabe este nexo imborrable entre a existencia israelí e a memoria da Shoá. Para algúns é un nexo cómodo que facilita certas posturas políticas e dá lexitimidade á filosofía do temor ao compromiso, á sospeita eterna fronte aos xentís. O debate que se abriu con Ben Gurión segue pois vivo, aínda que os seus parámetros non son sempre os mesmos. Menahem Begin nunca estivo disposto a iniciar un diálogo normal con Alemaña. O debate interno acompaña a memoria. A Shoá como peza angular na nosa condición de vítimas segue viva e aliméntana tanto os políticos dos distintos bandos coma os medios de comunicación. A conta entre o pobo xudeu e os seus verdugos debe quedar aberta. Iso é vital tanto para o verdugo como para a vítima. Ambos teñen que tirar conclusións e leccións continuas, ambos teñen que educar novas xeracións contra as malignas consecuencias da xenofobia, o racismo e o antisemitismo. As leccións que a vítima ten que tirar non son que o Holocausto nos concede autoridade e inmunidade moral para derrubar todas as barreiras éticas na nosa loita pola consolidación do Estado xudeu. A lección da vítima da xenofobia non é que agora se lle permita a ela tamén exercer a xenofobia e permanecer ate a eternidade dentro dos confíns mentais dun vitimismo obsesivo. Desgrazadamente, aínda que a memoria é intrínseca ao ser humano, este non aprende do seu pasado. Como explicar doutro xeito que a teoría da raza superior e do espazo vital (Lebensraum) sigan tendo as súas variantes nos nosos tempos? Aí este o parkoi, o plano ideado por Slovodan Milosevic que pretendía limpar Kosovo a través da expulsión forzosa e o xenocidio. E que dicir de Ruanda e de Darfur coa inexplicable repetición do fenómeno da indiferenza por parte da comunidade internacional. E aínda así, é un fenómeno único. Non me parece correcto que o verdugo e os seus descendentes eludan a responsabilidade e o se afrontar ao Holocausto como unha barbarie de dimensións únicas a través de exercicios de historicismo --o caso de Ernest Nolte en Alemaña-- cuxo obxectivo é banalizalo, integrándoo no mosaico das atrocidades perpetradas por outros réximes totalitarios e incluso por nacións normais durante o proceso incontrolado da furia bélica durante a Primeira ou a Segunda Guerra Mundial.
A pesar de todo, o Holocausto é unha atrocidade única, e a loita pola continua relevancia das súas leccións debe quedar aberta. A Shoá é aínda unha ferida aberta entre Israel e Europa, un nó de complexos. As difíciles relacións políticas entre Israel e Europa non responden só a posturas políticas diverxentes. Debaixo delas subxace un trasfondo histórico, unha relación enormemente complicada entre xudaísmo e europeísmo. A actitude israelí cara Europa nunca puido estar libre da pesada carga histórica que desde tempos inmemoriais acompañou a nosa simbiótica relación de amor-odio, afinidade e rexeitamento.
Se ben é verdade que o complexo de culpabilidade colectiva dos europeos xogou un certo, aínda que modesto, papel na creación do Estado de Israel, na conciencia israelí Europa segue sendo un continente baixo sospeita. A reacción da opinión pública europea, incluso dalgúns dos seus gobernos, diante da intifada palestina, ilustra posiblemente a natureza e a magnitude do complexo israelí-xudeu na conciencia europea. En Israel, a intifada certamente conduciu a excesos que merecían toda censura, e a propia sociedade israelí rebelouse contra eles. Son contadas as sociedades onde se escoitaran autocríticas tan acerbas e dolorosas en tempos de crise como en Israel. Movementos de masas protestaron polos excesos, a prensa fixo añicos aos gobernos e, consecuentemente, producíronse cambios políticos que respondían ao nexo entre democracia e responsabilidade. Pero a crítica europea que fixo uso con extrema facilidade, e incluso frivolidade, de expresións tan irresponsables por estar cargadas de significado histórico como exterminio, xenocidio, cacería humana --coma se fósemos os israelís tropas invasoras nazis marchando sobre Europa-- demostrou así ter unha axenda oculta na que a obxectividade non era o máis salientable. É difícil eludir a conclusión de que a intifada serviu para que a conciencia europea intentase librarse do seu complexo de culpa polo Holocausto, cargando sobre os ombreiros de Israel a responsabilidade de estar cometendo unha represión de dimensións holocáusticas. En certa forma, había unha sensación de regocixo diante do infortunio do pobo escollido --cuxo exterminio marcara de ignominia a fronte de Europa, a súa marca de Caín--, que deixou así de ser un pobo diferente ou moralmente superior aos demais. En realidade, Europa, cuxa historia está sementada de escandalosos excesos, tanto en terras europeas coma en continentes afastados, non criticaba os supostos excesos israelís, máis ben celebraba con alivio a definitiva integración de Israel, como nación xudía, no clube nada exclusivo das nacións banalmente normais.60 anos despois do Holocausto e cando parece que a narrativa xudía, incluso a narrativa do Holocausto, está sendo integrada na memoria colectiva dos europeos --sexa a través de museos, departamentos e cátedras universitarias ou de proxectos pedagóxicos nas escolas-- e o acto de hoxe é un reflexo digno desa integración da Shoá na narrativa nacional dun país europeo, neste caso España, e nun momento en que o Estado de Israel é xa unha entidade nacional potente e consolidada, aínda segue aberto o debate de se chegou a hora de pechar definitivamente a conta entre xudeus e cristiáns en Europa.
Eu defendo a memoria. Pero ao mesmo tempo é necesario que os xudeus, desde logo tamén en Israel, empecemos a abandonar a mentalidade da vítima e do gueto, que as veces é un impedimento na nosa relación co mundo que nos rodea. Só se chegamos a asumir a lexitimidade das demandas doutras vítimas e chegamos a aceptar que nós, no noso afán de asegurar un futuro normal para a nosa vila, convertemos a outros en vítimas, seremos capaces de conseguir a reconciliación coa nosa contorno. A memoria do Holocausto si, pero para abrir camiños cara o futuro e non para quedar ancorados no pasado. No 1991, despois da Guerra do Golfo, pronosticou o historiador xudeu-americano Charles Meyer que a Shoá perdería a súa centralidade na vida israelí dada a consolidación do Estado de Israel como resultado da inmigración da URSS e o proceso de paz que se inauguraba. Equivocouse. Precisamente nese novo período se intensificou o cultivo da memoria do trauma holocáustico, coma se os israelís necesitasen a seguridade que lles ofrecía a memoria e a mentalidade de vítimas para se afrontar aos novos desafíos. En marzo do 1998, cando o país esperaba o veredito no proceso de Iván Dameniuk, un suposto verdugo ucraniano nos campos de concentración nazis, o profesor Yehuda Elkaná, supervivente en Auschwitz, escribiu un artigo titulado "A favor do esquecemento" no que propoñía abandonar a memoria da Shoá sempre e cando desta se sacasen leccións de exclusivismo nacionalista. A democracia israelí periga, dicía, no momento en que a memoria da Shoá participa na nosa vida cotiá. O predominio da memoria histórica converte a nosa vida estatal nunha resposta ao Holocausto, na expresión dun profundo temor existencial. A presión obsesiva da memoria da Shoá corre o risco de converterse na base ideolóxica dunha sociedade de vítimas con inmunidade moral na súa confrontación co mundo árabe e co mundo en xeral. Esta, dicía Elkana, podería ser a vitoria última e paradoxal de Hitler. Pois é absolutamente perverso comparar a Arafat e a Abu-Jihad con Hitler. Non é necesario divorciarse das leccións para a supervivencia xudía para, ao mesmo tempo, sacar aquí unha lección universal da Shoá. Coa comparación entre Hitler e Arafat, ou incluso Saddam Hussein ou Ahmedinejad, dáse lexitimidade á comparación que algúns palestinos fan entre Israel e os nazis. É así como a través dun perverso proceso de analoxías se humilla a memoria das vítimas do Holocausto. Non nos é permitido perpetuar a vinganza continua de Hitler no sentido de manter á sociedade israelí como refén inválido da memoria. Se todo o que ocorre na nosa vida --especialmente nas nosas relacións e conflitos co mundo árabe-- é interpretado a través da memoria --e non só Arafat, senón tamén o sheik Yassin, Assad, Sadam Hussein, Ali Jamenei e Ahmedineyad, son novas edicións do mesmo Hitler-- chegamos a unha situación na que Israel, e a súa sociedade, en vez de actuar como un estado soberano nun mundo que cambia vertixinosamente, vive encarcerado na paranoia holocáustica dun gueto sempre ao bordo da destrución. Israel necesita dominar a memoria en vez de converterse no seu refén.
SEIS II A existencia de Israel como Estado e como nación deriva das grandes leccións da súa historia milenaria. O noso desafío hoxe é afrontar o mundo que nos rodea non só coas ferramentas defensivas que desenvolvemos ao longo dos anos, pero tamén coa mesma audacia de pensamento e da imaxinación creativa que tanto caracterizou ás elites xudías a través dos séculos. Non nos é permitido permanecer encerrados e inmóbiles no gueto mental das nosas convicións. En instantes clave da nosa historia as elites xudías souberon indicar o camiño da perplexidade á lucidez. Foron entre os primeiros en detectar a chegada do Holocausto --no aniversario de Hermann Broch escribíalle Elias Canetti en 1933 que vivimos entre dous guerras de gases; esta que se aveciña destruiranos a todos-- pero as masas non responderon, nin tampouco as clases medias. Seino. Non é nada fácil ser conciliadores nunha zona do mundo tan disfuncional como é o Oriente Medio, na cal abundan os fundamentalismos e os líderes suicidas, unha parte do mundo na que hai pouca misericordia para o feble, e menos aínda son os casos nos que dase unha segunda oportunidade ao derrotado.
Pero outra saída que non sexa a do recoñecemento mutuo e a salvagarda da dignidade de todos simplemente non existe. Hoxe, as nosas clases dirixentes e a nosa sociedade civil teñen a responsabilidade de concebir solucións valentes e xenerosas precisamente polos nobres ideais sobre os cales se construíu o Estado xudeu, e polos altos valores da civilización xudía. Foi cunha combinación única da razón democrática e da utopía que o movemento sionista fixo posible que os xudeus recuperasen os seus dereitos nacionais históricos e ofreceulles unha licenza para o futuro. Esas mesmas ferramentas terán que ser postas agora ao servizo da titánica labor de quebrar o código xenético do conflito árabe-israelí, e abrir o camiño á nosa definitiva reconciliación co noso contorno.
Liberación de Auschwitz polo exército soviético
Gravación feita polo exército soviético na entrada e liberación de Auschwitz
Kadish por Lola, Amparo e Xulia: "as de Ribadavia"


O vindeiro domingo e ao abeiro do Día Europeo da Cultura Xudía, celébrase na vila ourensá de Ribadavia un acto que a pesar da súa sinxeleza e inexplicable case anonimato, será sen dúbida un día moi especial para moitas galegas e galegos. O vindeiro domingo será o día de Lola, Amparo e Xulia, "As de Ribadavia".
Tres pequenas grandes mulleres que nestes tempos confusos reconcíliannos con nós mesmos na nosa condición humana. Pequenas pola extrema sinxeleza e humildade coa que viviron e coa que foron auténticos anxos da garda de centos de seres humanos que fuxían da tolemia hitleriana. E grandes pola súa firme e valente militancia a prol da vida en tempos e lugares nos que a vida non era precisamente un ben intocable. Lola, Amparo e Xulia, salvaron da gadaña nazi a centos de xudeus que fuxían á desesperada da Europa, da nosa Europa, arrasada pola barbarie e o asasinato planificado e industrial.
Na cultura xudea, na relixión mosaica, hai unhas oracións moi especiais, os Kadish, para recitar na lembranza e na homenaxe dos finados. Antón Patiño Regueiro no capítulo que no seu fermosísimo libro "Memoria de Ferro" dedica a Lola, Amparo e Xulia, compón de certo o mellor e maís fermoso Kadish que poideramos recitar na súa memoria.
Con tristura non podo deixar de preguntarme que pensarían hoxe Lola, Amparo e Xulia da vergonzosa actitude do BNG ao negarse en xaneiro do ano que andamos, a subscribir no Parlamento de Galiza unha declaración institucional de Lembranza das Vítimas do Holocausto nazi. Que centos delas foran galegos republicanos non importou inexplicablemenmte ao BNG que preso da intolerancia propia do fundamentalismo de non sei que, vetou na casa común das galegas e galegos un texto de honra e lembranza. Un kadish que era tamén por Lola, Amparo e Xulia.
