sábado, 2 de maio de 2009

Ciclo Claude Lanzmann na Coruña: Shoah (01 - 31 Maio)

Ciclo Claude Lanzmann na Coruña

En colaboración coa Alianza Francesa da Coruña o Centro Galego de Artes da Imaxe
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Teléfonos 881 881 271
.
Fillo de xudeus emigrados da Europa do Leste, loitador na Resistencia francesa e maquis condecorado na posguerra, Claude Lanzmann (París, 1925) licénciase en Literatura e Filosofía alcanzando a docencia na Universidade Libre de Berlín. Negro literario do comandante Cousteau, desde principios da década dos 50 dirixe a publicación Les Temps Modernes en estreita colaboración con Simone de Beauvoir e Sartre. A partir de 1970 consagra a súa vida a revivir a Historia do desastre xudeu, unha recuperación dos relatos da exterminación que representa a Shoah (termo que entrará no acervo occidental grazas ao noso autor) na II Guerra Mundial. Teimudo e firme nas súas conviccións de que o horror non se pode representar, non obstante Lanzmann é respectuoso co espectador, propoñendo a procura dun suxeito activo e reflexivo e formulando unha sorte de inesquecibles películas condenadas a non rematar despois do seu visionado. Pódese dicir sen ambaxes que a sucesión de traballos resultantes a partir desta experiencia –expresión do indicible, construción poética, rigor e coherencia- transforma a Historia do cine moderno. Agradecementos: Claude Lanzmann, Sarah Streliski.
.
Xoves 07 20.30 h.Claude Lanzmann: ShoahSHOAH (Primeira época)
Claude Lanzmann, 1985.270´. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
.
Venres 08 20.30 h.Claude Lanzmann: ShoahSHOAH (Segunda época)
Claude Lanzmann, 1985.290´. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
.
Venres 22 20.30 h.Claude Lanzmann: ShoahSOBIBÓR, 14 OCTOBRE 1943, 16 HEURESClaude Lanzmann, 2001.95´. Subtítulos en galego.
.
Sábado 23 20.30 h.Claude Lanzmann: ShoahUN VIVANT QUI PASSEClaude Lanzmann, 1997.65´. Vídeo. Subtítulos en castelán.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.