terça-feira, 26 de maio de 2009

Vin cumprirse o último soño da miña vida

Monumento á sublevación no guetto de Varsovia (Foto de Carlos Galansky)

Por Mordejai Anilewitz*
.
Agora é evidente que todo o que sucedeu é moito máis grave do que anticipamos. Fixemos o imposible para facer fronte aos alemáns. Pero as nosas forzas esgótanse, estamos no limiar do esquecemento. Dúas veces obrigamos aos alemáns a replegarse, pero volveron con máis efectivos. Un dos nosos grupos resistiu corenta minutos, outro pelexou durante seis horas. A mina que plantamos na zona da fábrica de cepillos explotou. Logo atacamos aos alemáns e lles infliximos fortes perdas, mentres que, as nosas foron reducidas. Tamén isto é un logro. Caín xunto a esta metralladora. Sinto que nos atrevemos a facer cousas importantes, de enorme valor. Vímonos forzados a cambiar a táctica e adoptar os métodos partisanos. Esta noite seis patrullas sairán a cumprir dúas tarefas: recoñecemento e captura de armas. Recorden, as armas de curto alcance non nos serven. Só de cando en cando utilizámolas. Necesitamos moitos rifles, metralladoras e explosivos. Non podo describirlles as condicións nas que viven agora os xudeus do ghetto. Non é posible que resista máis que un puñado en semellantes condicións. O resto morrerá, tarde ou cedo. O seu destino quedou selado. Porque aínda que hai milleiros escondidos en recunchos e ratoneiras, non hai neses lugares, aire suficiente nin para acender unha vela. Vostedes, os que están fóra, considérense benditos. Quizais logremos ser testemuñas doutro milagre. Pero é sumamente dubidoso. A última aspiración da miña vida cumpriuse. A resistencia armada xudía é un feito. A autodefensa xudía e a vinganza xudía son unha realidade. Son feliz e estou satisfeito de ser un dos primeiros combatentes do ghetto. De onde virá a salvación?
*Mordejai Anilewitz. Comandante do Ghetto de Varsovia, 23/4/1943

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.