quinta-feira, 18 de junho de 2009

Hannah Arendt e a banalidade do Mal


"Durante o interrogatorio policial, cando Eichmann declarou repentinamente, e con grande énfase, que sempre vivira cos preceptos morais de Kant, en especial coa definición kantiana do deber, deu un primeiro indicio de que tiña a vaga noción de que naquel asunto había algo máis que a simple cuestión do soldado que cumpre ordes claramente criminais, tanto pola súa natureza como pola intención con que son dadas. Esta afirmación resultaba simplemente indignante, e tamén incomprensíbel, xa que a filosofía moral de Kant está tan estreitamente unida á capacidade humana de xulgar que elimina en absoluto a obediencia cega. O policía que interrogou a Eichmann non lle pediu explicacións, pero o xuíz Raveh, impulsado pola curiosidade ou ben pola indignación (...) decidiu interrogar ao acusado sobre este punto. Ante a xeral sorpresa, Eichmann deu unha definición aproximadamente correcta do imperativo categórico: "Coas miñas palabras acerca de Kant quixen dicir que o principio da miña vontade debe ser tal que poida devir o principio das leis xerais. (.... O que Eichmann non explicou aos seus xuíces foi que, naquel "período de crimes legalizados polo Estado", coma el mesmo o denominaba, non se limitou a prescindir da fórmula kantiana por deixar de ser aplicable, senón que a modificou de maneira que dixese: compórtate coma se o principio dos teus actos fose o mesmo que o dos actos do lexislador e da lei común. Ou, segundo a fórmula do "imperativo categórico do Terceiro Reich", debida a Hans Franck, que quizais Eichmann coñecese: "Compórtate de tal maneira que se o Führer estivese presente aprobase os teus actos"
Hanna Arendt
"Eichmann en Jerusalén",
Lumen, Barcelona, 1999.
páxina 206

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.