Discurso do presidente do Estado de Israel, Shimon Peres, na cerimonia de apertura do Día de recordación dos mártires e heroes do Holocausto. Yon Hashoáh
Primeiro Ministro Binyamin Netanyahu,
Voceiro da Knesset Reuven Rivlin,
Presidente da Corte Suprema de Xustiza, Dorit Beinish,
Rabinos Principais, Rabbi Shlomo Moshe Amar e Rabbi Yona Metzger,
Presidente do Consello de Yad Vashem, Rabbi Israel Meir Lau,
Presidente da Xunta Directiva de Yad Vashem, Sr. Avner Shalev,
Sobrevivientes do Holocausto,
Xustos entre as Nacións,
Distinguidos invitados,
.6 millóns de xudeus foron asasinados polos nazis e os seus colaboradores, simplemente porque eran xudeus. 1,5 millón de nenos foron aniquilados, só porque pertencían ao pobo xudeu. Chamábanse Moshe, Abraham, Rivka e Leah; mesmo aínda antes de entender o significado dos seus nomes. Un de cada 3 do noso pobo foi masacrado durante aqueles 6 anos. Cada vítima ten un nome. Cada xudeu asasinado tiña un futuro. O xenocidio cometido polos asasinos nazis foi un crime histórico de proporcións sen precedentes.
.
O Estado de Israel é a nosa vitoria histórica sobre a besta nazi que removeu ceo e terra en Europa. A introspección sobre o Holocausto non finalizou e nunca debería terminar, nin por nós nin polo mundo en xeral. O nazismo foi derrotado, pero o antisemitismo aínda vive, e ben. O gas disipouse pero o veleno permanece. Aínda existen negadores do Holocausto e impetuosas cabezas rapados no mundo, aqueles que cargan coa clase de odio visceral que leva ao asasinato racista.
.
A Conferencia, que se inaugura hoxe en Xenebra, constitúe unha aceptación do racismo, máis que a loita contra o mesmo e, o seu principal orador, é Ahmadinejad, que chama á aniquilación de Israel e nega o Holocausto. Están, tamén, os Xustos entre as Nacións: nunca esqueceremos o seu heroísmo. A crítica ao Estado Xudeu está matizada co arrepiante antisemitismo. Entre aqueles que colaboraron cos nazis e os que apoiaron e deixaron que o Holocausto ocorrese, están os que critican que, un Estado, se levantase para dar refuxio aos sobrevivintes do Holocausto. O único Estado que evitará outro Holocausto.
.
O antisemitismo non é unha enfermidade xudía, e a súa cura incumbelles a aqueles que o perpetran. É difícil alcanzar a comprender por que déspotas, tales como o nazi Hitler, o bolxevique Stalin e o persa Ahmedinejad elixen aos xudeus como obxectivo principal do seu odio, tolemia e violencia. Talvez apuntan cara ao pobo xudeu polo seu poder espiritual -unha nación pobre en posesións materiais aínda que rica en valores- xa que o que está infectado de megalomanía teme o poder do espírito.
.
Os xudeus non adoran a ídolos ou autoridade, e o seu D-us deu á humanidade a súa conciencia. Fomos os primeiros en crer que, cada persoa, é creada a imaxe de D-us, e recibimos a orde de santificar a vida, evitar o asasinato e a discriminación. Aprendemos que a nosa herdanza espiritual depende da seguridade física. Un pobo que perdeu un terzo dos seus membros, un terzo dos seus nenos no Holocausto, non esquece e non pode ser tomado desprevido. Por tanto, a primeira lección que aprendemos do Holocausto foi a necesidade de establecer, de inmediato, un Fogar Nacional xudeu -un Estado xudeu.
.
Sen o mesmo, os sobrevivintes estarían sen fogar e as súas vidas permanecerían expostas e libradas á destrución. O Estado de Israel non é, só, o escudo protector dos xudeus, senón un ideal de importancia histórica: ser unha nación cunha mensaxe moral. A existencia e herdanza están inextricablemente unidas. Nunca pedimos, a outras nacións, que nos defendesen, e tomamos a decisión que, o conflito espiritual, non nos dividise. Non permitiremos que, a memoria do Holocausto se reduza, e debemos asegurar que os seus portadores non diminúan en número. O Estado xudeu debe asegurar a continuidade do pobo xudeu, porque o noso pobo ten só un país.
.
Os nosos patriarcas deron, hai 3000 anos, ao mundo os Dez Mandamentos e aínda non hai necesidade dunha versión actualizada. A grandeza do pobo xudeu deriva do poder do seu espírito. Israel debe ser exemplo para os seus nenos, e fonte de orgullo para aqueles xudeus que non viven aquí. O pobo xudeu axudou a establecer o Estado, e o Estado debe, agora, axudar ao seu pobo; preservar a súa identidade, dar aos seus fillos unha educación xudía, e permitir aos xudeus que os seus descendentes permanezan sendo xudeus.
.
As FDI deron seguridade ao Estado de Israel, cuxas almas están sedentas de paz. Segundo a visión de Israel a paz non é só unha cuestión de sabedoría política, senón un imperativo xudeu fundamental. Nunca nos propuxemos conquistar. Non corremos cara á dominación. Rexeitamos a señoría, combatemos a discriminación, protestamos contra a escravitude, prohibimos a violencia. Cremos na preeminencia do home, e rezamos polo Tikun Olam (Corrección do Mundo) e a paz mundial. Fomos golpeados non só polo horror, sen precedentes, do Holocausto, senón tamén pola fortaleza extraordinaria do noso pobo. Esta é unha lección para o futuro: combinar fe e poder. Ser un pobo xusto nun mundo xusto. Quen queira tentar crebar o noso espírito, aprenderá que ese alento non pode ser extinguido. Aínda que o noso barco sexa angosto, hai un poderoso vento que sopra a través das súas velas.
.
O Holocausto estará, sempre, nos nosos corazóns e dámonos/dámosnos conta de que é moito o traballo por diante: construír un Estado que sexa digno do sacrificio dos nosos antepasados e unha resposta ás pregarias dos seus fillos.
22 de Abril de 2009
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.