domingo, 26 de abril de 2009

Entrevista a Franz Stangl, comandante do Campo de exterminio de Treblinka


Entrevista a Franz Stangl, comandante do campo de exterminio de Treblinka: "Poucas veces víaos coma individuos".
Unha entrevista de Gita Sereni
.
O seguinte é un fragmento da entrevista aparecida no libro "Holocausto e Memoria" (de Israel Gutman, editado por Yad Vashem) na que poden apreciarse os aspectos, aínda que pareza contraditorio, máis terriblemente humanos do nazismo e os seus protagonistas máis comprometidos coa traxedia. Stang, nacido en Asustria, foi designado en 1940 como supervisor dun dos institutos da Operación Eutanasia. En marzo de 1942 foi nomeado comandante do campo de exterminio de Sobibor. Desde setembro de 1942 ate agosto de 1943 comandou o campo de exterminio de Treblinka. Logo de finalizada a guerra fuxiu a Brasil. En 1967 foi extraditado e xulgado en Alemaña. En 1970 foi sentenciado a cadea perpetua e en 1971 morreu no cárcere. A entrevista foi realizada en prisión Dusseldorf.
.
-Podemos dicir que estaban afeitos aos aniquilamientos?
-A dicir verdade, si, afíxémonos aos aniquilamientos.
-No seu caso tardou días, meses ou anos?
-Meses. Pasaron uns meses ate que puiden mirar a algún deles aos ollos. Reprimíao a través do intento de crear un lugar especial: xardíns, cuarteis novos...
-Aínda así, aínda sen dúbidas, había momentos nos que non podía evitar pensar niso?
-O único que me axudaba era a bebida. Todas as noites levábame á cama unha botella de brandy e bebía. Claro que os pensamentos xurdían, pero eu expulsábaos.
-Sería acertado dicir que xa ao final, para vostede, non eran seres humanos?
-Cando anos despois estaba de viaxe en Brasil o meu tren parou xunto a un matadoiro, o gando -ao escoitar o ruído do tren- achegouse ao cerco e os animais fixaron os seus ollos no tren. Amoreábanse uns contra outros e mirábanme. Entón pensei: - Míraos, recorda a Polonia, exactamente así miraba a xente, con confianza antes de que os meteran en latas de conserva. Logo diso non puiden comer máis carne enlatada, eses grande ollos que me miraban sen saber que nun breve lapso de tempo morrerían
-Non pensaba que eran seres humanos?
-Carga. Eles eran só cargamento.
-Cando empezou a pensar neles como unha carga?
-Creo que cando vin por primeira vez o Totenlanger (a sección do campo onde se asasinaba ás vítimas). Recordo como Wirth (un dos comandantes da Operación Reinhard) estaba alí parado xunto ás fosas repletas de cadáveres azulados. Iso non tiña ningunha relación coa humanidade. Era unha masa de carne en putrefacción. Wirth dixo: - que faremos con todo este lixo? Creo que foi isto o que me fixo que pensase neles como unha simple carga.
-Había alí moitos nenos. Nunca lle fixeron pensar nos seus fillos ou en como vostede se sentiría se estivese no lugar deses pais?
-Non, non podo dicir que non o pensara nunca, pero moi poucas veces víaos como individuos. Ás veces parábame no muro e víaos coa "mangueira" como podo explicalo...eles estaban alí espidos, amoreados. Corrían todos xuntos, acelerados polo látigo.
-Non podía vostede cambiar as cousas, pór fin ao espido, aos látigos, ás atrocidades do matadoiro?
-Non, non. Ese era o sistema. Wirth inventouno. Funcionaba ben e como funcionaba era imposíbel cambialo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.