LIGAZÓNS
- Amical Mauthausen
- Aragoneses víctimas del nazismo
- Arístides de Sousa Mendes
- Associaçao Memória e Ensino do Holocausto
- Bamá Grupo de Estudios de la Shoah
- Blog Nazismo y Holocausto
- Casa de Anna Frank
- Comité do Holocausto en Brasil
- Didactica Shoa
- Día Internación Recordo das Vítimas da Shoáh
- El Arbol de Anna Frank
- El Holocausto
- Enciclopedia Temática del Holocausto
- Estudio Literatura del Holocausto
- Foro El Holocausto
- Fundación Internacional Raoul Wallenberg
- Fundación Memoria del Holocausto
- Grupo Zivia Lubetkin (Esp)
- Guía concisa del Holocausto
- Holocausto e Antisemitismo
- Holocausto en Español blog
- Holocausto y Educación
- Holocausto y Ética
- Holocausto.doc
- Imagen e Historia
- Lista españoles muertos en campos nazis
- Marcha por la Vida
- Mauthausen en español
- Memoria de un testimonio 1933-1945
- Memoria do Holocausto desde Galicia
- Memorial Museum Holocaust en español
- Memorial Museum Holocaust en portugués
- Museo del Holocausto (México)
- Museu Virtual de Arístides de Sousa Mendes
- ONU Programa divulgación Holocausto
- Peliculas del Holocausto judío
- Proyecto Shoá
- Violeta Friedman
- Web de Jack Fuchs
- Yad Vashem en español
- Yad Vashem Jerusalem
sexta-feira, 7 de maio de 2010
terça-feira, 30 de março de 2010
sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010
O negacionismo é constitucional?
No número 153 da revista Tempos Novos, correspondente ao mes de febreiro de 2010, aparece publicado un artigo de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda titulado "O negacionismo é constitucional?". Como poderedes ver é unha carta aberta ao Ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño.
quarta-feira, 3 de fevereiro de 2010
Pensad que esto ha sucedido. Grupo Eleuterio Quintanilla

Revista Galega de educación - Núm. 44 • xuño 2009
http://www.equintanilla.com/documentos/revistagalega.zip
O Grupo Eleuterio Quintanilla está composto por docentes dos diversos niveis da ensinanza pública e leva máis dunha década traballando, entre outros aspectos, na análise e elaboración de materiais curriculares a prol da aceptación da diversidade e o rexeitamento de calquera discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión ou outra condición ou circunstancia persoal ou social. Nesta mesma liña se sitúa a nova publicación do Grupo, a través da cal os seus autores pretenden, na medida do posible, contribuír ao estudo do Holocausto dende a escola. Neste sentido, debemos ter en conta que a contribución da pedagoxía ao estudo das causas e consecuencias do nazismo foi máis ben escasa e, unicamente, dende a Educación para a Paz se teñen realizado algúns traballos con tal finalidade. “A necesidade e importancia da temática abordada neste libro”, con estas palabras comeza o recentemente falecido Suso Jares o prólogo deste libro facendo referencia á escasa relevancia que ata o momento se lle ten outorgado a esta temática. Un libro que, como os propios autores sinalan, ten sentido pola escasa cultura que existe no noso país sobre un dos acontecementos centrais da Europa do século XX e vixente aínda nos nosos días.
.
Lembremos, por exemplo, as continuas invitacións dos medios audiovisuais a revivir aquela tremenda realidade. O Holocausto, retomando novamente palabras dos autores, constitúe unha gran oportunidade para que dende as escolas os docentes poidan traballar na construción da cidadanía, unha cuestión que coa aprobación da LOE (máis aló dos debates políticos que neste sentido se teñan xerado) se ten convertido nunha das prioridades do sistema educativo do noso país. Atendendo á organización da obra, o primeiro aspecto que debemos subliñar é que se compón de tres capítulos claramente estruturados, o cal facilita enormemente a súa lectura e manexo. No primeiro deles, recóllense os aspectos clave dunha investigación que conta con dúas partes diferenciadas pero ao mesmo tempo complementarias. Por un lado, realízase unha análise dos libros de texto máis habituais nas nosas escolas nos niveis de 4º de ESO e 1º de Bacharelato e naquelas materias que acostuman a recoller aspectos relacionados co Holocausto, quedando a mostra final en 42 manuais. A segunda parte da investigación ten como principal propósito analizar o nivel de coñecementos e actitudes dos estudantes dos niveis referidos, así como avaliar as fontes do dito coñecemento.
.
O segundo capítulo ten a súa orixe nos resultados da investigación realizada. Tanto a análise dos manuais escolares como os coñecementos e opinións dos alumnos implicados no estudo levado a cabo, nos invitan a reflexionar sobre a perspectiva que ata o momento dirixiu o tratamento deste acontecemento nas escolas. Os autores presentan unha interesante proposta didáctica con numerosas orientacións metodolóxicas para o estudo do Holocausto dende a escola. O capítulo terceiro, é dicir, o que pecha o libro, enriquece en alto grao a proposta didáctica dos autores. Nel recóllese unha magnífica selección de recursos, agrupados en función do seu formato (libros, vídeos,...) ou temática (arte, música...), que será de gran utilidade para o profesorado. Se ben son moitos os aspectos a destacar desta publicación, non queremos deixar de reiterar a súa relevancia nun momento histórico no que é clara a necesidade de inverter maiores esforzos na formación de futuros cidadáns, sobre todo no que ten que ver cos valores e principios propios dunha sociedade democrática. Trátase, en definitiva, de incrementar o capital cívico do alumnado. No entanto, atopámonos con que boa parte do profesorado, elemento clave no proceso, encontra numerosas dificultades para afrontar os novos desafíos que a sociedade actual lle ten encomendado. Tal e como se ten posto de manifesto en diversas investigacións realizadas sobre esta cuestión, a falta de formación e recursos son dous dos principias obstáculos que impiden, ou polo menos limitan, o seu quefacer profesional. Por todo o dito, consideramos que os docentes atoparán nesta publicación resposta a moitos dos atrancos que poidan xurdir no camiño, ao tempo que, desexamos, sirva de referente para a elaboración de manuais de similares características.
sábado, 30 de janeiro de 2010
Galegos no campo de Mauthausen

Por Henrique Sanfiz
www.radiofusion.eu
.
"Andaban con eles coma cos gorrións" contaba Avelino Casal do seu tio Chucho. Os nazis viñan por eles aos barracóns, seleccionaban a uns cantos, e dicianlles: "Imos facer unha viaxe, metíannos nun tunel onde botaban o gas, os tonteaban e logo xa ian para o forno".
Xoán Xosé Casal Chao nacera en Barallobre (Fene A Coruña) o 30 de abril de 1910. En 1936 era cabo segunda do cruceiro Miguel de Cervantes, buque que se atopaba en Ferrol, pero que recibe ordes de coller rumbo ao estreito de Xibraltar. O 19 de xullo a dotación do barco, ao ter evidencia de que os xefes e oficiais pretenden sumarse ao golpe de estado contra a República, os deteñen e toman o mando do cruceiro. O Cervantes permanecerá durante toda a guerra defendendo o réxime establecido pola zona do Levante. En marzo de 1939 a raiz da entrada das tropas de Franco en Cartagena, Casal logra pasar a Francia e se instala en Marsella, onde ao pouco xa o prenden as tropas alemáns. Entra deportado no campo de exterminio de Mauthausen en abril de 1941. O Exercito americano libera aos presos en maio de 1945 (Estou vivo por unha hora, contarálle Chucho ao seu sobriño) e él entón trasládase a Toulouse onde entrará a traballar nunha fábrica de bicicletas.
Andando os anos fai xestións para retornar a Galicia e volve na década dos 50, volvendo vivir coa súa muller e cunha filla. Casal Chao entrará logo a traballar en Astano. Xunto con Chucho, outros galegos viviron tamén o pesadelo dos campos nazis. O ferrolán Marcelino Pardal Pouso, (falecido no pasado ano 2009 en Beziers Francia), o tamén ferrolán Antonio Cendán, os mugardeses Manuel Fernández García (Olmedo) e José Pereira; Carlos Romero Rebón, de Cervás, Ares; os ferrolans Francisco Gómez Iglesias e Manuel Ponte Palmeiro; José Andrés Pena Losada, de Franza (Mugardos); Manuel Peña Martínez, de Freixeiro (Narón). O grupo máis grande de galegos en Mauthausen o formaban os procedentes de Ferrolterra.
Podes escoitar O sobriño de Chucho contaba cómo se vivía en Mauthausen
quarta-feira, 27 de janeiro de 2010
terça-feira, 19 de janeiro de 2010
O convoi.
Alexandra e Florian, estudantes de Erasmus, vanse de road-movie polas estradas de Europa en procura das discriminacións que aínda arrasan nas nosas sociedades. Séntense inspirados pola lectura do Diario íntimo que unha moza xudía de 27 anos, Etty Hillesum, redactou en Ámsterdam entre 1941 e 1943. Etty mostra a súa fe inquebrantable no Home á vez que este cumpre o seu proxecto histórico máis macabro: "Xa o sei todo", escribe. "E con todo, considero que a vida é fermosa e está repleta de sentido. En cada instante". A través das persoas que se cruzan no seu camiño en Ámsterdam, Bruxelas, Colonia, Berlín e Auschwitz, Alexandra e Florian toman conciencia dos mecanismos que foron accionados durante o pasado e que non hai que perder de vista se non queremos ceder ao medo e o odio. Cada testemuña que nos atopamos parece preguntarnos: "Hoxe, a Vida, por onde está transitando?"
sexta-feira, 15 de janeiro de 2010
Holocausto. De Alfonso Zapico

domingo, 3 de janeiro de 2010
terça-feira, 8 de dezembro de 2009
Nunca Korczak llegó a Jerusalém. De Jaime Vandor

"Nunca Korczak llegó a Jersualém". De Jaime Vandor. Podes descargar aquí a (versión completa en PDF)
quinta-feira, 19 de novembro de 2009
Regreso á filmación do inferno

Nas últimas semanas apareceron, en distintos formatos, dúas películas que desvelan dous exterminios ocorridos nos anos corenta do século pasado (a década máis sanguenta da centuria), e que rompen o intento dos xenocidas de que os seus actos permanecesen ocultos. Para maior interese, os asasinos pertencían a dúas ideoloxías contrapostas -o comunismo, o nazismo- cuxo común denominador era o odio á democracia. Trátase de Katyn, do polaco Andrzej Wajda, e de Shoah, do francés Claude Lanzmann.
Katyn, estreada en 2007 e exhibida nos cinemas comerciais españois (aínda está na carteleira), conta a matanza de máis de 20.000 militares polacos a mans do Exército Vermello, en 1940, mentres a URSS invadía Polonia. Na película nárranse os últimos días das vítimas antes de ser enterradas no bosque de Katyn, nas proximidades de Kiev (Ucraína). Shoah foi estreada en 1985, despois de 11 anos de traballo do seu director, o xornalista Claude Lanzmann (París, 1925), director moitos anos da revista Les Temps Modernes, que fundou Jean-Paul Sartre. Desde entón, só os circuítos de cinéfilos puidérona ver en España: dous días nun cinema comercial en Madrid, sen tradución en castelán; durante unhas xornadas no Instituto Francés; a súa emisión na madrugada, e case sen darlle publicidade, pola 2 de TVE... Pouca cousa máis. Agora aparece en versión DVD (Filmax), con subtítulos en castelán.
logo a Alemaña) ás mulleres, espidas, antes de entrar na cámara de gas. Moitas delas eran do seu mesmo pobo. Eran 16 perruqueiros, un dos cales cortou o pelo á súa muller e filla antes de velas por última vez, tentando que o seu último minuto non fose insufrible e, por tanto, sen dicirlles onde ían. segunda-feira, 16 de novembro de 2009
Jai. De Ariel Zylbersztejn
Unha curtametraxe de Ariel Zylbersztejn recentemente presentada no Festival de cinema xudeu de San Francisco.