O vídeo dunha voda, datado o día 22 de xullo de 1941, é dende agora o primeiro (e posiblemente único) documento videográfico que existe no que aparece a adolescente xudía Anna Frank. Nesta ligazón, podedes ver por primeira vez a Anna durante uns breves instantes, asomando pola ventá da súa casa, no número 37, segundo andar, da rúa Merwedeplein. A partir do segundo 9, e ate o 14, a xoven Anna observa curiosa cóma da casa do lado, a número 39, sae unha parella de noivos camiño do seu casamento. Sen dúbida é un documento histórico, que dende xa pasa a ocupar un lugar destacado no memoria da Shoah. O vídeo atópase aloxado na conta en Youtube da Casa de Ana Frank.
LIGAZÓNS
- Amical Mauthausen
- Aragoneses víctimas del nazismo
- Arístides de Sousa Mendes
- Associaçao Memória e Ensino do Holocausto
- Bamá Grupo de Estudios de la Shoah
- Blog Nazismo y Holocausto
- Casa de Anna Frank
- Comité do Holocausto en Brasil
- Didactica Shoa
- Día Internación Recordo das Vítimas da Shoáh
- El Arbol de Anna Frank
- El Holocausto
- Enciclopedia Temática del Holocausto
- Estudio Literatura del Holocausto
- Foro El Holocausto
- Fundación Internacional Raoul Wallenberg
- Fundación Memoria del Holocausto
- Grupo Zivia Lubetkin (Esp)
- Guía concisa del Holocausto
- Holocausto e Antisemitismo
- Holocausto en Español blog
- Holocausto y Educación
- Holocausto y Ética
- Holocausto.doc
- Imagen e Historia
- Lista españoles muertos en campos nazis
- Marcha por la Vida
- Mauthausen en español
- Memoria de un testimonio 1933-1945
- Memoria do Holocausto desde Galicia
- Memorial Museum Holocaust en español
- Memorial Museum Holocaust en portugués
- Museo del Holocausto (México)
- Museu Virtual de Arístides de Sousa Mendes
- ONU Programa divulgación Holocausto
- Peliculas del Holocausto judío
- Proyecto Shoá
- Violeta Friedman
- Web de Jack Fuchs
- Yad Vashem en español
- Yad Vashem Jerusalem
quarta-feira, 30 de setembro de 2009
domingo, 20 de setembro de 2009
Ensaio sobre o papel dunha institución de lectura durante a "solución final"
Excelente ensaio sobre o papel dunha institución de lectura durante a "solución final". Podes descargar o texto en formato pdf premendo na seguinte ligazón: http://revistas.ucm.es/cps/1131558x/articulos/RASO0303110099A.PDF
sábado, 19 de setembro de 2009
La semilla de la barbarie

Por Julio Antonio Vaquero Iglesias
Faro de Vigo - 19.09.09
.
.
O historiador asturiano, Enrique Moradiellos, fixo un paréntese nas súas habituais investigacións sobre a guerra civil española e sobre a metodoloxía histórica para ofrecernos neste o seu último libro unha excelente síntese informativa e divulgativa sobre o Holocausto e os seus antecedentes. A súa finalidade foi explicitamente pedagóxica. Moradiellos fai súa a afirmación do historiador francés F.Furet de que só desde unha información histórica veraz e unha lembranza non partidaria do Holocausto, poderase evitar a súa reprodución. Isto é: a tese clásica que Primo Levi recollía na súa expresiva admonición: "Se o mundo chegase a convencerse que Auschwitz nunca existiu, sería moito máis fácil edificar un segundo Auschwitz. E non hai garantías de que esta vez devorase só aos xudeus".
.
Para iso o autor procedeu comezando polo final. Primeiro, analiza, a través dun soberbio despregamento bibliográfico, a natureza e a singularidade do Holocausto e todas as fases do proceso da política antisemita levada a cabo polo Terceiro Reich que, a partir da invasión da Unión Soviética pola Wehrmacht en 1941, conduciron a política de eliminación definitiva do pobo xudeu nos campos de exterminio, a eufemísticamente denominada "solución final". Para despois levar a cabo un brillante percorrido dos antecedentes do "odio máis antigo", cunha brillante disección da historia da xudeofobía na Antigüidade clásica e na Idades Media e Moderna até o antisemitismo que se difunde no século XIX por Alemaña e grande parte de Europa. E faino desde a constatación historiográfica do salto cualitativo que o antisemitismo racista do XIX supuxo fronte a xenofobia antixudea anterior. Mentres esta última fundamentouse en prexuízos relixiosos e culturais que non presupuñan, a pesar da discriminación e os progroms, a imposibilidade da integración da minoría xudía a través da asimilación e a conversión, o antisemitismo do século XIX e XX, ao contrario, baseouse nun cientificismo biolóxico reduccionista de inspiracións hereditarias, era cualitativamente unha raza inferior coas súas capacidades intelectuais e morais degradadas, pero que se opuña á hexemonía da raza superior alemá.
.
Ese racismo biolóxico reinventou e difundiu ao longo do século XIX un novo estereotipo fisonómico do xudeu, mestura dos vellos mitos da xudeofobía clásica cos do novo racismo: o do xudeu errante, de nariz ganchuda, mentón prominente, mirada furtiva e cheiro desagradable. á vez que actualizou o vello mito medieval do contubernio xudeu con Satán convertido agora no complot xudeomasónico, ao que tantas veces fixo alusión o ditador español. Este novo antisemitismo radical está en relación cos cambios ideolóxicos e económico-sociais da Modernidade. A ideoloxía liberal supuxo a emancipación legal de resentimento daqueles grupos urbanos e rurais que se viron prexudicados polo profundo cambio histórico que achegaba a implantación do novo sistema industrial. Desde eses sectores sociais os xudeus foron agora percibidos non xa como os negadores da divindade de Xesuscristo e os causantes da súa crucifixión, senón como os axentes e beneficiarios dun sistema económico que dificultaba o seu modo de vida tradicional e era prexudicial para os seus intereses económicos.
.
E esa estendida percepción creou o caldo de cultivo idóneo para a extensión entre amplas capas dese antisemitismo moderno que culminou no xenocidio industrial planificado polos nazis. Ésa é a secuencia histórica que explica o Holocausto. A súa motivación, como demostra Moradiellos apoiándose nunha solvente e abundante bibliografía, foi, pois, esencialmente ideolóxica e non o resultado de razóns estratéxicas militares ou políticas. Como tampouco, un plan diabólico levado a cabo por unha minoría de nazis fanáticos e tolos ás costas do pobo alemán, senón coa compracencia de moi amplos sectores da poboación alemá e europea infectados por aquel antisemitismo racista precedente que contaminou mesmo até as Igrexas. Antisemitismo que alcanzou a súa expresión xenocida no propicio contexto da "guerra total" que desatou a invasión da Unión Soviética polos nazis. Sen dúbida, nos tempos que vivimos, libros como este deberían ser de lectura obrigatoria para os estudantes dos últimos cursos de secundaria, pero tamén de meditada reflexión para toda clase de lectores.
.
La semilla de la barbarie
Enrique Moradiellos
Madrid, 2009
288 páxinas
LIBERDADE DE EXPRESIÓN OU APOLOXÍA DO TERROR

Por Reyes Mate, filósofo e investigador do CSIC
El Periódico de Catalunya - 19/09/09
.
El Periódico de Catalunya - 19/09/09
.
O anuncio, aparecido nun xornal madrileño, dunha entrevista con David Irving, presentado como «gran experto e investigador» do Holocausto xudeu, volveu a pór sobre a mesa que facer co negacionismo, é dicir, con quen negan a existencia do xenocidio do pobo hebreo perpetrado polos nazis. Aquel horror estivo precedido por ideas que trivializaban a morte do xudeu, estimado de raza inferior, e seguido por ideas que negaban que aquilo ocorrese. Sen esas ideas e sen a indiferenza da opinión pública europea respecto delas, o crime contra a humanidade, executado nos campos de exterminio, non tería lugar. Por iso soa a alarma cada vez que alguén as repite, sobre todo en lugares con gran resonancia pública. David Irving é un autocualificado "historiador" británico en liberdade condicional, tras cumprir dous terzos da condena imposta por un tribunal austriaco.
.
Delito? Afirmar, por exemplo, que as cámaras de gas de Auschwitz-Birkenau foron instaladas despois do final da guerra como atracción turística, é dicir, nega o Holocausto. Irving será historiador de profesión, pero «gran» historiador ou «experto» nestes asuntos non o é. Que o Consello da Unión Europea aconselle aos estados membros que consideren delito a opinión negacionista indica que estamos ante un tipo de opinión moi especial. A mesma Europa que conquistou con sangue a liberdade de opinión pide agora que se persigan determinadas opinións.
.
De que opinións estamos a falar? Non das relativas a feitos históricos porque estes son sinxelamente innegables. Imaxinemos que alguén negase a segunda guerra mundial ou a guerra civil española. Ninguén o tomaría en serio e, se se presenta como historiador, diriamos que é un farsante. Non habería institución respectable que incluíse entre os seus relatores ou articulistas a alguén que defendese a tese de que esas guerras só existiron nas mentes dalgúns novelistas ou nas pantallas de cinema. O certo é que xente como David Irving son convidados a congresos ou solicitadas as súas opinións en calidade de «expertos». O que interesa deles, neses casos, non é o absurdo da negación dos feitos, senón a súa interpretación, a saber, que o nazismo non foi xenocida e que o (pouco) que lles puido ocorrer aos xudeus tíñano merecido. Nada como banalizar os feitos para concluír exculpando aos asasinos e privando de significación ás vítimas.
.
Esa estratexia interpretativa carrexará, é verdade, o descrédito entre os historiadores, pero terá ao seu favor o crédito dos antisemitas. O delito non é a opinión, senón o efecto político que se persegue cunha opinión absurda e que só é tomada en serio por esa connotación política e moral, a saber, xustificar o crime. Por estas razóns o negacionismo non é un asunto que se teña que resolver no negociado da liberdade de opinión, senón no da exaltación do crime como arma política. Ese é o convencemento que subxace á recomendación da Unión Europea, desatendida certamente polo Tribunal Constitucional español que non o considera delito. Cando se fala de feitos, en relación ao Holocausto xudeu, hai que ter presente unha dificultade específica que non se dá noutros xenocidios. O proxecto nazi de destrución dos xudeus propúñase non só acabar fisicamente cos xudeus, senón tamén non deixar rastro, nin pegada, para que no futuro non houbese memoria dos feitos. Aínda que o proxecto levou a cabo -por iso o Tribunal de Nürenberg sentenciou que se produciu un crime contra a humanidade- o certo é que Hitler foi vencido e non puido consumar o proxecto.
.
Non puido borrar todas as pegadas nin eliminar a todas as testemuñas. Por iso sabemos tanto. Non todo, desde logo, porque, como dicía Primo Levi, os que apuraron o cáliz do horror non volveron para contalo, ou enmudeceron en vida como os famosos «musulmáns» dos campos de exterminio. Podemos negar a angustia dos que morreron nas cámaras de gas porque non hai testemuñas que o poidan contar? A derrota de Hitler permitiunos coñecer moito, porque no seu delirio triunfalista tomaron nota de todo, pensando administrar eles sós no futuro o segredo da barbarie. Pero hai un silencio de feitos que tiveron lugar e dos que non hai memoria. Iso non pode levar ao negacionismo, senón a valorar aínda máis os feitos narrados polos sobreviventes. Así, os negacionistas son os únicos que viven coma se o proxecto de esquecemento triunfase, coma se Hitler non fora vencido. Son vítimas das súas propias ilusións. Se o que nos preocupa é a información histórica, non deberiamos perder nin un minuto con estes estafadores intelectuais. O preocupante é o xogo que se lles dá e o eco que atopan. David Irving xa veu a España, convidado por Fuerza Nueva e a libraría Europa de Barcelona, coñecido centro de propaganda neonazi. O eco de resonancia do neonazismo é a ultradereita e quen se empeñan en darlles xogo ou son claramente antisemitas ou inxenuos que non descubriron que o problema non é a liberdade de expresión, senón a apoloxía do terror.
sexta-feira, 18 de setembro de 2009
quarta-feira, 16 de setembro de 2009
sábado, 12 de setembro de 2009
Parece mentira pero sucedeu
Para descargar o powerpoint pulse aquí Parece_imposible_pero_sucedió!
Parece Imposibel Mais Sucedeu
View more presentations from GZ-Israel.
domingo, 6 de setembro de 2009
Que fixo Menguele para fuxir do Mossad?


Por Yoni Sarfati
Chamábanlle o anxo da morte de Auschwitz. Foi un dos criminais de guerra nazi máis crueis da Segunda Guerra Mundial e chegou a escaparse de todos os seus perseguidores. A principios dos anos sesenta, o Estado xudeu tivo unha ocasión rarísima de levalo ante a xustiza. Detalles. Nunha entrevista concedida ao Diario "Halojem" que pertence á organización dos soldados inválidos de Tzahal, o antigo xefe dos servizos de seguridade israelís, e
actual Ministro de Pensionistas, Rafi Eitan, afirma que o Mossad seguía os desprazamentos do médico nazi refuxiado en Arxentina, como moitos outros criminais nazis. Sendo o responasble dos experimentos monstruosos realizados sobre prisioneiros xudeus, principalmente xemelgos, no campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau, Menguele era tamén responsable da vida dos deportados que xulgaba arbitrariamente aptos e non aptos para o traballo. Neste último caso, os presos eran enviados directamente ás cámaras de gas. Despois de axitados debates no seo dos servizos secretos israelís, decídese finalmente suspender a captura do criminal co fin de concentrar todas as forzas do Mossad na captura do principal arquitecto da "solución final", Adolf Eichmann. Nos anos sesenta, afirma Eitan, no momento máis crítico da operación secreta que tiña como obxectivo a Adolf Eichmann en Buenos Aires, obtense unha información dos axentes secretos israelís que indicaba que Josef Menguele, atopábase tamén na capital arxentina. Rafi Eitan dirixía nesa época ao equipo do Mossad e os servizos de seguridade na operación de captura de Adolf Eichmann. "Durante a operación, recibimos unha información sobre o lugar onde se atopaba Menguele. Un dos nosos equipos inmediatamente chegou ao lugar co fin de comprobar a autenticidade da dirección. Identificou a casa como a de Menguele", explicaba Eitan. O xefe do Mossad e os servizos de seguridade, Israel Arel, pediu capturar en paralelo a Eichmann e a Josef Menguele. É nese momento da historia cando Rafi Eitan oponse a esta detención. "Temía seriamente que no momento no que as nosas forzas se despregasen, perdésemos o efecto sorpresa que podía conducir a errar finalmente na captura dos dous criminais", afirma Eitan antes de admitir que existía evidentemente unha polémica entre os dous homes sobre as modalidades operativas a adoptar.
actual Ministro de Pensionistas, Rafi Eitan, afirma que o Mossad seguía os desprazamentos do médico nazi refuxiado en Arxentina, como moitos outros criminais nazis. Sendo o responasble dos experimentos monstruosos realizados sobre prisioneiros xudeus, principalmente xemelgos, no campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau, Menguele era tamén responsable da vida dos deportados que xulgaba arbitrariamente aptos e non aptos para o traballo. Neste último caso, os presos eran enviados directamente ás cámaras de gas. Despois de axitados debates no seo dos servizos secretos israelís, decídese finalmente suspender a captura do criminal co fin de concentrar todas as forzas do Mossad na captura do principal arquitecto da "solución final", Adolf Eichmann. Nos anos sesenta, afirma Eitan, no momento máis crítico da operación secreta que tiña como obxectivo a Adolf Eichmann en Buenos Aires, obtense unha información dos axentes secretos israelís que indicaba que Josef Menguele, atopábase tamén na capital arxentina. Rafi Eitan dirixía nesa época ao equipo do Mossad e os servizos de seguridade na operación de captura de Adolf Eichmann. "Durante a operación, recibimos unha información sobre o lugar onde se atopaba Menguele. Un dos nosos equipos inmediatamente chegou ao lugar co fin de comprobar a autenticidade da dirección. Identificou a casa como a de Menguele", explicaba Eitan. O xefe do Mossad e os servizos de seguridade, Israel Arel, pediu capturar en paralelo a Eichmann e a Josef Menguele. É nese momento da historia cando Rafi Eitan oponse a esta detención. "Temía seriamente que no momento no que as nosas forzas se despregasen, perdésemos o efecto sorpresa que podía conducir a errar finalmente na captura dos dous criminais", afirma Eitan antes de admitir que existía evidentemente unha polémica entre os dous homes sobre as modalidades operativas a adoptar..
"Eu era partidario con acabar en primeiro lugar coa misión Eichmann e gardar baixo silencio a súa captura para aproveitala a continuación no caso Menguele. É necesario lembrar que Eichmann ocupaba responsabilidades moito maiores que Menguele no aparello de Estado nazi", xustifica Rafi Eitan. Os equipos do Mossad suspenderon a persecución do "anxo da morte" e clasificouse a información que circulaba sobre os desprazamentos de Josef Menguele. Pouco tempo despois, o 11 de m
aio de 1960, era capturado Adolf Eichmann, logo transferido secretamente a Israel. É entón cando Rafi Eitan comeza a reflexionar sobre as operacións para deter a Menguele. Pola súa banda, David Ben-Gurion entrevistábase con Israel Arel para coñecer o número exacto de persoas informadas da captura de Eichmann. Un centenar en total, segundo Arel. Ao día seguinte, na Knesset, David Ben-Gurion anunciaba publicamente o éxito da misión dos servizos secretos. E mentres que Rafi Eitan, acompañado dun equipo do Mossad, viaxaba a Arxentina na procura de Menguele, este último, escaldado pola captura de Eichmann, xa desaparecera. "Non podo dicir se hai un vínculo entre a súa desaparición e a publicación da captura de Eichmann, pero o feito é que escapousenos exactamente despois deste anuncio". Os axentes do Mossad entón perseguiron a Mengele en Brasil e Paraguai pero sen atopar o seu rastro. Michael Goldman-Guilad que era funcionario daquela, encargado "na oficina 06" da policía de Israel -encargada de perseguir a criminais nazis, confirma a versión establecida por Rafi Eitan. No xuízo de Eichmann en Xerusalén, Goldman-Guilad era o primeiro suplente do conselleiro xurídico do Goberno Guidon Ahuzner que representaba á acusación. Hoxe é membro do consello de Yad Vashem e membro do comité de dirección do instituto Bialik. Este último afirma que Israel Arel tiña a firme intención de capturar a Menguele durante a operación Eichmann. "Menguele posuía un apartamento no centro de Buenos Aires, e a nosa intención era capturalo e transferilo xunto con Eichmann. Cando os nosos axentes chegaron ao lugar, o apartamento estaba baleiro", destaca Michael Goldman antes de confirmar que de seguir coa captura de Menguele "podería facer fracasar a transferencia de Eichmann". Unha versión confirmada por Rafi Eitan que di non lamentar rexeitar a operación xa que os "riscos eran demasiado importantes". Josef Menguele nunca foi xulgado polos crimes abominables que cometeu e foi atopado morto afogado, nun aparente accidente, en 1979 á idade de 68 anos en Brasil.
aio de 1960, era capturado Adolf Eichmann, logo transferido secretamente a Israel. É entón cando Rafi Eitan comeza a reflexionar sobre as operacións para deter a Menguele. Pola súa banda, David Ben-Gurion entrevistábase con Israel Arel para coñecer o número exacto de persoas informadas da captura de Eichmann. Un centenar en total, segundo Arel. Ao día seguinte, na Knesset, David Ben-Gurion anunciaba publicamente o éxito da misión dos servizos secretos. E mentres que Rafi Eitan, acompañado dun equipo do Mossad, viaxaba a Arxentina na procura de Menguele, este último, escaldado pola captura de Eichmann, xa desaparecera. "Non podo dicir se hai un vínculo entre a súa desaparición e a publicación da captura de Eichmann, pero o feito é que escapousenos exactamente despois deste anuncio". Os axentes do Mossad entón perseguiron a Mengele en Brasil e Paraguai pero sen atopar o seu rastro. Michael Goldman-Guilad que era funcionario daquela, encargado "na oficina 06" da policía de Israel -encargada de perseguir a criminais nazis, confirma a versión establecida por Rafi Eitan. No xuízo de Eichmann en Xerusalén, Goldman-Guilad era o primeiro suplente do conselleiro xurídico do Goberno Guidon Ahuzner que representaba á acusación. Hoxe é membro do consello de Yad Vashem e membro do comité de dirección do instituto Bialik. Este último afirma que Israel Arel tiña a firme intención de capturar a Menguele durante a operación Eichmann. "Menguele posuía un apartamento no centro de Buenos Aires, e a nosa intención era capturalo e transferilo xunto con Eichmann. Cando os nosos axentes chegaron ao lugar, o apartamento estaba baleiro", destaca Michael Goldman antes de confirmar que de seguir coa captura de Menguele "podería facer fracasar a transferencia de Eichmann". Unha versión confirmada por Rafi Eitan que di non lamentar rexeitar a operación xa que os "riscos eran demasiado importantes". Josef Menguele nunca foi xulgado polos crimes abominables que cometeu e foi atopado morto afogado, nun aparente accidente, en 1979 á idade de 68 anos en Brasil. Guysen International News - 03.09.09
sexta-feira, 4 de setembro de 2009
Protocolo da Conferencia de Wannsee
terça-feira, 1 de setembro de 2009
Carta ao papa Pio XI da monxa Edith Stein
Podes descargar aquí o texto da - carta selada de Sta. Tereixa Benedita da Cruz (Edith Stein)
Assinar:
Postagens (Atom)





















