

por baixo desa pel, o canto dos envelenados
por baixo dese ceu, un mapa ferido
por baixo das augas, a cidade da infamia
por baixo dos rostros, unha sede calada
por baixo das rosas, o pranto do mundo.
"Sei que a miña voz se perde no devastador ruído do tempo, agardo que as xeneracións vindeiras non nos esquezan" Violeta friedman





er, e el respondeu que o gas. Os pacientes inválidos chegaban aos centros en tren ou autobús, eran espidos e fotografiados, examinabaselles e se levaban ouro na dentadura marcabaselles cunha cruz no lombo. Logo entraban nunha sala de duchas onde eran gaseados durante dez minutos coas bombonas fornecidas por BASF e IG Farben. Aos cinco minutos os pacientes esvaecían e aos dez morían. Esperábase dúas horas antes de ventilar e abrir a cámara para retirar os corpos. Antes de incinerarlos -operación referida como "desinfección"- extraíase o ouro dos corpos marcados e os órganos para estudos científicos. En resumo; o T4 foi modelo e precursor do Holocausto iniciado pouco despois, no sentido de que proporcionou cadros e técnicas organizativas para o exterminio. Irmfried Eberl, o director dos centros de Brandenburg e Bernburg, foi o primeiro comandante do campo de exterminio de Treblinka. A partir da Conferencia do Wansee (marzo de 1942), os xudeus foron excluídos da esterilización, "no entendemento de que eles mesmos, e non os seus futuros fillos, eran os que ían a ser eliminados", explica a historiadora Gisela Bock da Universidade Libre de Berlín. A exposición berlinesa incluiu unha entusiasta nota do respectado neurólogo do Kaiser Wilhelm Institute de Berlín, Julius Hallervorden acusando recibo, en marzo de 1944, de 697 cerebros humanos extraídos de vítimas do programa de "eutanasia", moitos deles nenos. Material desa procedencia seguiu utilizandose en Institutos alemáns ate os anos noventa segundo o historiador británico Michael Burleigh.Manuel Reyes Mate é profesor e investigador do CSIC. Realizou estudos en Francia, Italia, Alemaña e España e un dos máis destacados investigadores do proxecto "Filosofía despois do Holocausto", unha reflexión filosófica contemporánea sobre se é posible seguir falando de moral, de política ou de ciencia após o horror e a violencia nazi, após "Auschwitz". Neste pequeno video Manuel Reyes Mate fálanos de responsabilidade e da necesidade de facer memoria para poder facer xustiza. Da necesidade de facer visibles ás vítimas e erradicar unha lóxica de progreso inxusta que, asegura, sigue ainda viva.





Por Simone Veil.
Dentro de non moitos anos desapareceremos quen sufrimos a deportación aos campos de exterminio nazi. En Francia, creo que quedamos uns cantos centenares, pouco máis de 200 ou 300. Cando desaparezamos, haberá que atopar quen manteña esta memoria. Para min a deportación é unha obsesión permanente e ela contribúe á miña reflexión sobre a política, a sociedade e a vida en xeral; tamén sobre a solidariedade. Quen a sufrimos necesitamos falar diso, aínda que nada máis sexa para exorcizar esta terrible experiencia e evitar que se repitan os erros que conduciron a aquela traxedia. Lémbrese que cando os deportados volvemos ás nosas casas, tivemos que loitar para reconstruír a nosa vida, para crear ou volver crear un marco familiar.
En Francia 75.000 xudeus foron deportados; volveron 2.500. Hoxe, somos só uns cantos centenares; quédanos moi pouco tempo para transmitir a nosa memoria. Os historiadores deben ter en conta o relato persoal de quen fomos testemuñas porque non se dispón de
elementos tan valiosos de información. Sorpréndeme que, desde hai poucos anos, o interese dos historiadores e dos escritores por coñecer as múltiples facetas da deportación dos xudeus foise ampliando máis aló dos países máis coñecidos, como é o caso de Alemaña, a outros, como Polonia e Ucraína, onde os xudeus foron detidos e asasinados antes de que se lles enviasen aos campos de concentración. As múltiples investigacións realizadas nos últimos anos e o testemuño escrito por moitos deportados confirman como aos xudeus chegados de toda a Europa ocupada enviábaselles directamente á cámara de gas e como se exterminaba deste xeito tan expeditivo aos nenos de menos de 15 anos e a moitos adultos de máis de 40 anos. Pero non eran os únicos. Recordo moi ben que, en maio e en xuño de 1944, 400.000 húngaros chegados directamente de Hungría foron obrigados polas SS a prolongar as ramplas que chegaban até os crematorios e a maioría, sen distinción de idade, sufriron aquela morte. Uns meses máis tarde, o 18 de xaneiro de 1945, cando o Exército Vermello achegábase a Auschwitz, os deportados, como eu mesma, como a miña nai e a miña irmá, saímos a pé e camiñamos durante máis de 70 quilómetros, no medio dun frío intensísimo. Moitos morreron de frío e de fatiga. Despois duns cantos días, fomos obrigados a montar en vagóns completamente abertos e así, desde a pequena cidade de Glavich, atravesamos unha gran parte de Alemaña, até chegar a Bergen-Belsen. Pero Auschwitz-Birkenau e Bergen-Belsen non eran os únicos lugares onde foron exterminados os xudeus. Houbo outros moitos campos de concentración nos que se gaseaba ás persoas inmediatamente. Existiron outros moitos pequenos campos de concentración, máis descoñecidos ou esquecidos, nos que 10 ou 15 persoas encargábanse de exterminar axiña que como chegaban. Houbo moitos exterminios que se fixeron in situ e esoutros exterminios, con moita frecuencia, ocultáronse.
Pasaron 60 anos durante os cales os acontecementos nos depararon moitas sorpresas e fixéronnos afrontar interrogantes que non imaxinaramos. Auschwitz, o maior campo de exterminio, o único no que se conservan pegadas visibles do exterminio, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Pero, ademais, exponse a conservación do propio sitio, das barracas, dos obxectos persoais das vítimas. Hoxe día é necesario que a Unión Europea decida renovalo para frear a súa destrución debido ao turismo de masas e ás condicións climáticas da rexión. Seica sexa necesario crear un Museo do Exterminio en Birkenau, onde se teñan en conta non só Auschwitz, senón tamén unha serie de lugares onde se fixeron exterminios e son menos coñecidos.
Pasaron os anos. A partir dos anos 50, aos poucos, foise conformando a unidade de Europa sobre a base da reconciliación, grazas ao esforzo inicial de persoas como Robert Schuman. Hoxe temos grandes perspectivas para reforzar todos xuntos o proceso de unidade. O Tratado de Lisboa non está lonxe. Con el van cambiar moitas cousas e en particular vai converter ao Parlamento Europeo nun órgano supremo. Pero debemos facelo con moita rapidez porque, se esperamos demasiado, non se logrará. Hoxe cabe esperar que de aquí a outubro o Tratado de Lisboa sexa finalmente ratificado e se leve inmediatamente á práctica. Finalmente, paréceme importante sinalar até que punto é importante o traballo que se está realizando en España neste sentido, con iniciativas como as levadas a cabo pola Fundación Academia Europea de Yuste, que se esforzan por organizar actividades de grande envergadura, coma o seminario doutoral en estudos europeos centrado nas Memorias e Lugares de Memoria de Europa, dirixidas á mocidade europea co ánimo de comprometerlles no proceso de construción europeo, que é a nosa gran esperanza.



ada do Exército Vermello a Auschwitz. Heléne Berr naceu en 1921, era filla de Antoinette Rodrígues-Ely e de Raymond Berr. Apresados polos nazis foron enviados a Auschwitz onde a súa nai morreu asasinada inmediatamente á súa chegada, o pai morreu envelenado por un médico na enfermería do campo, en setembro de 1944. Hélène foi enviada desde Auschwitz na marcha da morte a Bergen Belsen onde morreu en abril de 1945, pouco antes da chegada das tropas británicas. As páxinas deste diario foron escritas por Hélène ao seu noivo e entregoullas á cociñeira da familia, Andrée para que as gardase. Era unha moza francesa e xudía, nacida en París en 1921, morta en Bergen-Belsen, en abril de 1945. Os seus pais foron deportados con ela e morreron en xullo e setembro de 1944. Vostedes recordarán o seu nome, Hélène Berr, porque Tallandier publicou o seu Diario en xaneiro pasado, cun prefacio de Patrick Modiano, e que foi un acontecemento na última Feira de Francfort.
nuncia Kurtz, o heroe do "No corazón das tebras" de Conrad: «Horror ! Horror ! Horror !» Entre estes dous datos, acompañamos a esta moi brillante anglicista que vai da rúa Soufflot ao boulevard Saint-Germain, le Thomas Hardy ou Elizabeth Goudge, cita a Shelley e a Shakespeare. Ela topa un «raparigo de ollos grises», Jean Morawiecki. Escoitan a Bach e Mozart e comprométense. O primeiro de xuño de 1942, a nai de Hélène comunícalle «a nova da estrela amarela». A súa reacción, é tan forte que impide todo comentario. É suficiente citala: «O de Mme Jourdan, atopeime (?)conque nós discutimos a cuestión do distintivo (a estrela amarela) Nese momento, eu decidira que non a levaría. Considerábaa coma unha infamia e unha proba de obediencia aos alemáns. Esta tarde, todo cambiou de novo: acho que é unha covardía que non debo cometer, vendo a aqueles que o fixeron. Só, quero ser sempre moi elegante e moi digna, para que a xente vexa que é isto. Quero facer a cousa máis valente. Esta tarde, creo que a debo usar.» Velaquí o que ela escribiu oito horas máis tarde: «O meu Deus, nunca crin que sería tan duro. tiven moito coraxe todo o día. Levei a cabeza alta, e mirei ben á xente na cara e aos ollos. Pero iso é duro. Por outra banda, a maioría da xente non mira. O máis penoso, é topar á outras persoas que a teñen.» As outras persoas que a teñen. . . Teño ante os ollos dúas fotografías. Un neno tranquilo, cunha estrela cosida sobre a súa blusa negra. Un ancián esgotado, cun gran abrigo que ten cosida a mesma estrela infamante. O primeiro é Lucien Ginsburg quen, máis tarde, asinará como Serge Gainsbourg un disco, "Malas noticias das estrelas". O segundo era Max Jacob quen se foi logo dun último poema: "Antes ninguén me miraba na rúa, agora os nenos búrlanse da miña estrela amarela. ¡Feliz sapo! ti non tes estrela amarela".