LIGAZÓNS
- Amical Mauthausen
- Aragoneses víctimas del nazismo
- Arístides de Sousa Mendes
- Associaçao Memória e Ensino do Holocausto
- Bamá Grupo de Estudios de la Shoah
- Blog Nazismo y Holocausto
- Casa de Anna Frank
- Comité do Holocausto en Brasil
- Didactica Shoa
- Día Internación Recordo das Vítimas da Shoáh
- El Arbol de Anna Frank
- El Holocausto
- Enciclopedia Temática del Holocausto
- Estudio Literatura del Holocausto
- Foro El Holocausto
- Fundación Internacional Raoul Wallenberg
- Fundación Memoria del Holocausto
- Grupo Zivia Lubetkin (Esp)
- Guía concisa del Holocausto
- Holocausto e Antisemitismo
- Holocausto en Español blog
- Holocausto y Educación
- Holocausto y Ética
- Holocausto.doc
- Imagen e Historia
- Lista españoles muertos en campos nazis
- Marcha por la Vida
- Mauthausen en español
- Memoria de un testimonio 1933-1945
- Memoria do Holocausto desde Galicia
- Memorial Museum Holocaust en español
- Memorial Museum Holocaust en portugués
- Museo del Holocausto (México)
- Museu Virtual de Arístides de Sousa Mendes
- ONU Programa divulgación Holocausto
- Peliculas del Holocausto judío
- Proyecto Shoá
- Violeta Friedman
- Web de Jack Fuchs
- Yad Vashem en español
- Yad Vashem Jerusalem
segunda-feira, 27 de abril de 2009
Un número. De Ramiro Fonte

Ramiro Fonte
Marca ese número de teléfono
(É unha tatuaxe
Que o vello leva aínda inscrita no seu brazo)
9 8 2 8 8
Nove, oito, dous, oito, oito.
Descolga o aparato: un deses negros
E pesados teléfonos dos anos das posguerras,
É dicir, da túa infancia
E antes de remexer nos cinco números
Oito, oito, dous, oito, nove
***
E de multiplicalos por centos de milleiros,
Como se así tratases de comprender nas cifras resultantes
Toda a magnitude da traxedia,
Marca ese número,
Tatuado no brazo deste vello,
Que cho amosa un instante
Por se ti non quixeses comprender;
Que vai interrogarte
Cos seus ollos azuis,
aínda moi vivos,
Por se ti dubidadas.
***
Antes de xogares á cábala cons cinco Números;
co nove, cos tres oitos,
Que entre eles enlean a cadea,
Co preguiceiro dous que, inconformista, a rompe,
Para así convencerte de que a roda
Do azar rexe o destino, por iso onda ti chega esta sombra errante,
Incómoda dalgún sobrevivente,
***
Volve cravalos no antebrazo do home,
Logo na túa memoria, e marca o número,
Nesa circunferencia na que xira
Toda a historia do século
9 8 2 8 8
***
De certo que a chamada soará
Nun lugar moi estraño
(Hoxe xa debe ser unha vila de tantas
Da lonxana rexión, cos seus vellos felices,
Algo desmemoriados,
Que amorean a leña cortada xunto á casa
Para pasar o inverno, e cos seus nenos loiros
Que asistirán á misa dos domingos),
***
Nese lugar ó que chamaron Auschwitz
E que todo poeta
Semella ser consciente do arriscado que é
Escribilo nos versos, aquelarlle unha rima
Con algunha palabra das que son inocentes,
***
Nunha branca oficina case espida:
Hai na parede un mapa coas cambiantes fronteiras,
Un deses arquivadores de metal,
E do teito pendura
A lámpada morta que abanean
Os ventos que se coan
Por unha ventá cos cristais escachados
E tamén unha mesa
Cuberta, xa non sei, se de poeira ou cinza,
***
E enriba desa mesa, si,
Enriba desa mesa
O teléfono negro
Non deixa de soar, porque ninguén
Chegará a descolgalo.
(inédito)
domingo, 26 de abril de 2009
Vésperas do outono, 1939. Por Jack Fuchs

Entrevista a Franz Stangl, comandante do Campo de exterminio de Treblinka

Unha entrevista de Gita Sereni
-Podemos dicir que estaban afeitos aos aniquilamientos?
-A dicir verdade, si, afíxémonos aos aniquilamientos.
-No seu caso tardou días, meses ou anos?
-Meses. Pasaron uns meses ate que puiden mirar a algún deles aos ollos. Reprimíao a través do intento de crear un lugar especial: xardíns, cuarteis novos...
-Aínda así, aínda sen dúbidas, había momentos nos que non podía evitar pensar niso?
-O único que me axudaba era a bebida. Todas as noites levábame á cama unha botella de brandy e bebía. Claro que os pensamentos xurdían, pero eu expulsábaos.
-Sería acertado dicir que xa ao final, para vostede, non eran seres humanos?
-Cando anos despois estaba de viaxe en Brasil o meu tren parou xunto a un matadoiro, o gando -ao escoitar o ruído do tren- achegouse ao cerco e os animais fixaron os seus ollos no tren. Amoreábanse uns contra outros e mirábanme. Entón pensei: - Míraos, recorda a Polonia, exactamente así miraba a xente, con confianza antes de que os meteran en latas de conserva. Logo diso non puiden comer máis carne enlatada, eses grande ollos que me miraban sen saber que nun breve lapso de tempo morrerían
-Non pensaba que eran seres humanos?
-Carga. Eles eran só cargamento.
-Cando empezou a pensar neles como unha carga?
-Creo que cando vin por primeira vez o Totenlanger (a sección do campo onde se asasinaba ás vítimas). Recordo como Wirth (un dos comandantes da Operación Reinhard) estaba alí parado xunto ás fosas repletas de cadáveres azulados. Iso non tiña ningunha relación coa humanidade. Era unha masa de carne en putrefacción. Wirth dixo: - que faremos con todo este lixo? Creo que foi isto o que me fixo que pensase neles como unha simple carga.
-Había alí moitos nenos. Nunca lle fixeron pensar nos seus fillos ou en como vostede se sentiría se estivese no lugar deses pais?
-Non, non podo dicir que non o pensara nunca, pero moi poucas veces víaos como individuos. Ás veces parábame no muro e víaos coa "mangueira" como podo explicalo...eles estaban alí espidos, amoreados. Corrían todos xuntos, acelerados polo látigo.
-Non podía vostede cambiar as cousas, pór fin ao espido, aos látigos, ás atrocidades do matadoiro?
-Non, non. Ese era o sistema. Wirth inventouno. Funcionaba ben e como funcionaba era imposíbel cambialo.
sábado, 25 de abril de 2009
Discurso de Shimon Peres no día da Shoáh
Discurso do presidente do Estado de Israel, Shimon Peres, na cerimonia de apertura do Día de recordación dos mártires e heroes do Holocausto. Yon Hashoáhsexta-feira, 24 de abril de 2009
Discurso de Barack Obama no dia da Shoáh
quinta-feira, 23 de abril de 2009
El Mundo entrega en dvd a serie "Holocausto".
HOLOCAUSTO. A SERIE MÁIS PREMIADA DA TELEVISIÓN AMERICANA • Prezo: 0,50 € cada dvd.
• A partir do mércores 29 de abril.
• Cada mércores, xoves e venres unha nova entrega.
O xornal EL MUNDO presenta a serie mais premiada da televisión americana. HOLOCAUSTO unha historia que ninguén debe olvidar. Durante a Segunda Guerra Mundial o mundo enteiro foi testemuña do mais monstroso crime da historia, o asasinato industrial de seis millóns de xudeus cometido polo réxime nazi ás ordes de Hitler. O Holocausto coma nunca foi contado. ENTRAR
Maus. De Art Spiegelman

MAUS
Autor: Art Spiegelman
Edita: Inrevés editora
Prezo: 25 Euros
296 páxinas
B/N
Maus é a biografía e o testemuño de Vladek Spiegelman, un xudeu polaco sobrevivente dos campos de exterminio nazis, contada a través do seu fillo Art, un debuxante de cómic que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa de Hitler, e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores. Apartándose das formas da literatura creada até a data, Art Spiegelman aproxímase a este tema dun xeito absolutamente renovador, e para iso achégase á experiencia da súa propia familia e escolle o comic -a literatura debuxada- como forma narrativa, pondo en movemento todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste medio á vez que inventa outros novos. A radicalidade narrativa desta obra supuxo un antes e un despois no universo da novela gráfica ou cómic. "O certo é que Maus é un libro que non se pode deixar de ler, nin sequera para ir durmir. Cando dous dos ratos falan de amor, conmóvenche, cando sofren, choras. Aos poucos, a través deste pequeno conto que inclúe sufrimento, humor e superar as probas da vida cotiá, quedas cativado pola linguaxe desta vella familia do Leste de Europa e atrapado polo seu ritmo gradual e hipnótico. Cando terminas Maus dáche pena abandonar este mundo máxico (suspiras pola secuela que che fará regresar...)" - Umberto Eco. Un libro imprescindíbel.
Máis información:
-Entrevista a Spiegelman sobre Maus.
-Guía para profesores, con actividades para propor aos alumnos tras a lectura de Maus.
-Sección dedicada a Spiegelman na web da editorial USA.
-Reseña, por Nacho Illarregui.
-Reseña, por Valentí Vañó, na Guía do Cómic de UnderCómic (sen relación con guiadelcomic.com).
-Reseña, por Pedro Romero, en El Archivo de Nessus.
-Unha curiosidade en Con C de Arte: Unha historieta corta ("Rat") realizada a principios dos 70 que á unha sorte de versión previa de Maus (escaneada da edición española, na revista Star #41 ). Completase a curiosidade cunha comparativa de cambios realizados desde o boceto á páxina final en algunhas planchas.
-Preview de seis páxinas da edición española de Random House, en Tirafrutas.
segunda-feira, 20 de abril de 2009
Yon HaShoáh. No día da Recordacíon de 2009

[-] O debuxo a man dun prisioneiro xudeu do campo Westerbork en Holanda.
[-] As insignias de diferentes cores que levaban os presos nos campos e o significado de cada unha
[-] Jan Komski, un artista polaco estivo en Auschwitz, pero logrou fuxir. Contou a súa historia en pinturas.
[-] Mapa de distintos campos de concentracion nazis
[-] O debuxo dun cativo xudeu checo que morreu en Auschwitz, desapareceu no Columbia e agora recibe homenaxe nun selo
[-] Historias de sobreviventes do Holocausto
[-] Diplomáticos e outras persoas que salvaron a vitimas dos campos de concentración.
[-] Fotos de experimentos médicos nazis
[-] Fotos aéreas de Auschwitz
[-] Os campos de concentración esquecidos
[-] Centro Anna Frank
[-] A web do campo de Auschwitz [fotos]
[-] Homenaxe con testemuños en audio de vitimas
[-] Web de Mauthausen, con sección en español e o relato dun sobrevivente en video
[-] A Enciclopedia do Holocausto
[-] O arquivo dixital dos xuizos de Nuremberg
[-] Yad Vashem, a listaxe cos nomes das vítimas
[-] A Fundación creada por Steven Spielberg que grava en video os testemuños de sobreviventes
[-] Fundacion Raoul Wallenberg
quinta-feira, 16 de abril de 2009
quarta-feira, 15 de abril de 2009
O galego 4049 de Mauthausen. Por Manuel Rivas

Estamos nunha casa de Négrepelisse, na prefectura de Tarn et Garonne, no departamento Midi-Pyrinées, en Francia. É o día 6 de agosto de 1945. Un home escribe unha carta o 6 de agosto. Vai para trinta anos. Naceu en San Miguel de Mones, na aldea do concello de Petín, Ourense, o 18 de novembro de 1915. Mais no seu aspecto semella que pasou o século enteiro como unha apisoadora por riba del. Agora non. Xusto agora, non. Porque está a escribir unha carta.Para el esa carta é máis importante que calquera outra cousa que se poida escribir. Moito máis importante que unha obra mestra. Talvez, de estabelecer algunha comparanza, a carta que escribe laboriosamente, porque non está afeito a escribir, porque leva moito tempo sen poder escribir, mesmo diriamos, e non sería esaxerado, que leva moito tempo sen vivir, pois esa carta, cunha letra que avanza a ritmo de buril en táboa de madeira, tería por título axeitado o de Á procura do tempo perdido, o que puxo Marcel Proust á súa magna obra.
Iso é o que fai Albino González. O galego que vai para trinta anos que chegou a Négrepelisse e que se puxo a escribir unha carta. Este home silandeiro escoita o son da súa propia escrita como unha "voz baixa" da Historia humana. El tamén anda á procura do tempo perdido. Marcel Proust transformou a enerxía da memoria en tempo de pescuda. Lembrar sería un ir á procura. E iso transformou a narración. Xa non só se trataría de facer biografía ou reflectir o pasado. O tempo da novela xa sería un novo tempo. O presente que contén o pasado e que presinte o futuro.Albino González, ao seu xeito, utiliza a técnica de Proust. Mais ten que ser cauto na expresión do seu lembrar, malia a escribir á persoa que máis quere no mundo. Escribe a María. Escribe a Ibiza. Non desexa lectores. Abonda con María. Sería un triunfo que María o lese. Mais el sabe que vai ter máis lectores. Lectores indesexábeis. Lectores secretos. Talvez apaixonados. Tan apaixonados que, esta tempada, en España, está de moda o andar á caza. Á caza do ser humano. Os da Censura Militar. Os da Censura Policial. Vai ti saber cantos lectores tivo a carta cando chegue a María, se é que chega a María. Porque María, pasado o tempo, é tamén un enigma.Vexamos o que escribiu Albino:"A mi inolvidable Marujita: Pienso que te extrañará mucho el recibir esta misiva mía tan tardía, pero la primera por la posibilidad.Maruja, después de cuatro años te escribo estas líneas para que sepas solamente que aún vivo, y que vivo pensando en ti, en la lucha tan larga y dura que se me ha impuesto para vivir, no he olvidado por ello, el recuerdo de un ser que me ha sido siempre querido.
Yo pienso que te habrás casado o en todo lo mínimo te habrás ligado en amor a otro hombre, cosa que yo considero muy justa, si esto es así, no por ello olvido tu amistad ni tampoco debes hacerlo conmigo, y si por el contrario tu sigues aún queriéndome como yo a ti, espera poco más que días llenos de Felicidad que se aproximan para nosotros. Dime algo del que como yo fue tan informtunado, tu papá. Cuéntame algo más que yo a ti, yo tengo historia pero no para hoy, dale besos de mi parte con el amor de hijo a tu mamá, a Anita y a Lidya, y recibe inolvidable María el eterno amor de Albino".En Que é a literatura?, obra do 1948 que marcou durante anos o debate verbo do compromiso do escritor, Jean-Paul Sartre preguntábase por que e para que se escribe. Sabemos que Albino escribe a unha moza chamada María. Sabemos que escribe que á procura. Soña cunha noiva para o futuro. Mais hai un anaco na carta, unha febra deste tecido, que constitúe de seu un manifesto abraiante da condición humana, o agargalar nunha frase a realidade e o desexo. Albino condensa nesa frase todos os tempos e toda a experiencia do mundo. Sen nomealo, contén o horror. Sen citala, apoia na esperanza..
Non hai ningunha grandilocuencia, ningunha retórica, ningún ornamento, mais a construción é perfecta, imposíbel de mellorar:"Escribo estas líneas para que sepas solamente que aún vivo, y que vivo pensando en ti".Son dezaseis verbas. Eis o porqué e o para quen. Se toda a linguaxe caera no Sil e as aureanas e aureáns que bateaban as augas co cunco para topar as pebidas de ouro tivesen que decantar unhas verbas, que máis quererían? Estou vivo e penso ti. Va que presta lanzar un xubiloso xuramento! Mais Albino escribe esta bomba informativa en voz baixa. Iso é o que leva facendo a humanidade perseguida dende sempre cando transmite a información esencial. Esa é a verdadeira Ars Poetica equivalente a como a define Archibald MacLeish:"A poem should not meanBut be"Dito ao xeito de Albino: O poema está vivo.Quen era Albino González?Un galego que loitara no Exército republicano, ferido de gravidade en Irún, e que se repuxera en Valencia, onde coñeceu a María Gómez cando ela tiña 16 anos. El volveu á fronte a loitar, pasou a Francia cando a caída de Cataluña e foi internado no penoso campo de Argelés. Cando a invasión nazi, Albino alistouse no exército francés. Detido polos alemáns, sufriu o destino de miles de españois republicanos. Os que levaban como marca o triángulo azul nos campos de exterminio nazis. Cando Franco e Serrano Súñer foron consultados polos xefes nazis sobre o destino destes españois recibiron a resposta de que os "verdadeiros" españois estaba en España. É dicir, estes dous grandes criminais non tiñan mortos dabondo no propio país senón que converteron en apátridas a miles de SP, os spaniards, heroicos españois nas gadoupas nazis. Albino foi levado ao inferno de Mauthausen co número de matrícula 4049.
.
No mesmo convoi ía o ourensán Juan González del Valle, con número de matrícula 4054, logo deportado a Gusen, coa matrícula 9035, onde morrería gaseado o 26 de novembro de 1941. Albino sobreviviu en Mauthausen. Cando foi liberado o 5 de maio de 1945, día en que entrou o Exército dos Estados Unidos, era un dos responsábeis clandestinos da resistencia naquel inferno.Algo sabiamos del polo que contara o fillo, Xesús González Gómez, sabio certamente en Ars Poetica e na historia das "voces baixas" da humanidade. Autor, entre outras pezas imprescindíbeis nunha biblioteca xerminal, de A lingua secreta. Entre nós, XGG. O valor dunha clave para protexerse do virus da amnesia. É el, XGG, quen agora publica no mesmo volume Cartas da noiva, de Albino González González, e El argonauta, de Juan Gómez Ripoll Campos (Edicions Documenta Balear). El argonauta é o comezo dunha novela truncada polo crime. O seu autor era Juan Gómez, o pai de María, pasado polas armas no cárcere provincial de Palma en 1942. Cando coñece a noticia da morte de Juan Gómez, Albino escribe a María: "Otros muchos conmigo juran ser vuestros padres, o relevar sus funciones, juran defenderos, juran sosteneros, y no hace falta jurar puesto que tú bien sabes quienes somos nosotros". Quen eran? As "voces baixas".
El País 21.11.08
Dabondo
"Holocausto" (en grego antigo: ὁλόκαυστον, ὁλον [todo] + καυστον [queimado]) todo aquelo que sabemos sobre o holocausto nazi será sempre para nós unha dualidade. nada do que sabemos parece ser suficiente para o comprender totalmente, no entanto aquelo que é do noso coñecemento é terríbel de máis para procurar saber máis. para desmembrar estas imaxes non precisamos certamente de ouvir con todo o rigor o son do craneo a bater contra a pedra dura das escadas, nin o ruído seco do tiro a saír da pistola. nada disto é necesario porque xá o sabemos mellor. mais do que aquilo que as proprias imaxes nos transmiten o que é importante percibir é aquelo que provocou estes acontecementos. Que tipo de argumentación maquiavélica provocará estes actos hediondos? tal como se fose un eco, unha tormenta dentro da cabeza de cada un dos personaxes o discurso de Hitler serve como base de fondo para a acción. ao ouvir o fluir dos seus discursos, a cadencia de argumentacións, o ton firme imposto a cada un dos movementos percibimos todas as implicacións que os seus ideais tiveron na nosa sociedade. (son discurso de Hitler en Nürember [1934]; discurso de Hitler [1932])




