terça-feira, 14 de abril de 2009

Seminario n´ A Coruña


Seminario en A Coruña

A herdanza de Shoah. A propósito da cuestión humana

Abril de 2009

A mecánica utilizada pola Alemaña nazi para levar a cabo o exterminio do pobo xudeu xerou múltiples metáforas. Desde unha perspectiva histórica esa foi a ferida que marcou a memoria do noso presente e sinalou os límites do pensamento xurdido na modernidade. No terreo da evolución das artes, a máxima de Theodor Adorno de “cómo se pode realizar poesía despois de Auschwitz” non deixou de resoar na conciencia da creación. A Shoah converteuse tamén nunha especie de horizonte do pasado que non fixo máis que alterar e quebrar o noso presente. O seminario A herdanza da Shoah. A propósito de “La cuestión humana” proponse examinar de que maneira a mecánica establecida pola Alemaña nazi nos campos de exterminio afectou á relación do mundo contemporáneo a partir de tres vectores claves como son a industria, a linguaxe e as imaxes. Que revelan da mecánica existente nos campos de extermino algúns sistemas de produción industrial contemporánea? Ate que punto determinados xiros da linguaxe non fan máis que reflectir a perversión de significados da palabra establecidos nos campos? De que maneira a Shoah non fai máis que xerar un debate entre o acto de amosar e o de non amosar que afecta aos múltiples réximes de mostración da violencia da nosa sociedade contemporánea? Todas estas cuestións encontran o seu eco de resonancia na película de Nicolas Klotz, La cuestión humana (La question humaine, 2007), o terceiro opus da súa triloxía Tiempos modernos —da que forman parte Paria (2000) e La blessure (2005). A partir dos múltiples terreos explorados por esta obra complexa, o seminario intentará tecer unha ponte entre o noso presente, a memoria do infame e as súas formas de representación cinematográfica.

Dirección do seminario: Ángel Quintana (Universitat de Girona)

Organiza: Centro Galego de Artes da Imaxe, en colaboración con Alliance Française (A Coruña) e Ambassade de France en Espagne-Service Culturel (Madrid).

Programa

10:00 h. Presentación do seminario

10:15 h. As palabras e os feitos (A industria capitalista e a Shoah) Miguel Morey (Catedrático de Filosofía. Universidade de Barcelona. Premio Anagrama de Ensaio por El deseo de ser piel roja)

11:15 h. Reflexións sobre a elaboración literaria da Shoah Adán Kovacsics (Ensaísta e tradutor. Autor de Guerra y lenguaje)

12:15 h. h. Pausa

12:45 h. Formas da abxección coa Shoah como motivo: De La vida es bella a El niño del pijama de rayas. Ángel Quintana (Universitat de Girona. Cahiers du cinéma/España)

14:00 h. h. Descanso

17:00 h. A ausencia filmada Santos Zunzunegi (Catedrático de Comunicación Audiovisual. Universidade do País Vasco)

18:00 h. O ataque do presente sobre o resto dos tempos. Como presentar o horror sen representar o horror Santiago Filloll (Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Codirector de Ich Bin Enric Marco)

19:00 h. h. Pausa

19:30 h. Coloquio con: Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, director e guionista de La cuestión humana.

Proxeccións

20 de abril

20:30 h. Paria (2000) Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)

21 de abril

20:30 h. La blessure (2005) Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)

23 de abril

20:30 h. La cuestión humana (2007) Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)

24 de abril

21:30 h. Jeunesse d’Hamlet (Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, 2007) La consolation (Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, 2007) Les Amants Cinéma (Héléna Klotz, 2006) Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)

O seminario terá lugar no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Rúa Durán Loriga, 10 baixo - 15003 A Coruña

Teléfono 881 881 271 - info@cgai.org
Prezo: Gratuíto, previa inscrición
Prazo límite para a matrícula: Ate o día 22 de abril de 2009 (inclusive)

Para inscrición PICA AQUI