quinta-feira, 23 de abril de 2009

El Mundo entrega en dvd a serie "Holocausto".

HOLOCAUSTO. A SERIE MÁIS PREMIADA DA TELEVISIÓN AMERICANA
• Prezo: 0,50 € cada dvd.
• A partir do mércores 29 de abril.
• Cada mércores, xoves e venres unha nova entrega.
O xornal EL MUNDO presenta a serie mais premiada da televisión americana. HOLOCAUSTO unha historia que ninguén debe olvidar. Durante a Segunda Guerra Mundial o mundo enteiro foi testemuña do mais monstroso crime da historia, o asasinato industrial de seis millóns de xudeus cometido polo réxime nazi ás ordes de Hitler. O Holocausto coma nunca foi contado. ENTRAR

Maus. De Art Spiegelman


MAUS
Autor: Art Spiegelman
Edita: Inrevés editora
Prezo: 25 Euros
296 páxinas
B/N

Maus é a biografía e o testemuño de Vladek Spiegelman, un xudeu polaco sobrevivente dos campos de exterminio nazis, contada a través do seu fillo Art, un debuxante de cómic que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa de Hitler, e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores. Apartándose das formas da literatura creada até a data, Art Spiegelman aproxímase a este tema dun xeito absolutamente renovador, e para iso achégase á experiencia da súa propia familia e escolle o comic -a literatura debuxada- como forma narrativa, pondo en movemento todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste medio á vez que inventa outros novos. A radicalidade narrativa desta obra supuxo un antes e un despois no universo da novela gráfica ou cómic. "O certo é que Maus é un libro que non se pode deixar de ler, nin sequera para ir durmir. Cando dous dos ratos falan de amor, conmóvenche, cando sofren, choras. Aos poucos, a través deste pequeno conto que inclúe sufrimento, humor e superar as probas da vida cotiá, quedas cativado pola linguaxe desta vella familia do Leste de Europa e atrapado polo seu ritmo gradual e hipnótico. Cando terminas Maus dáche pena abandonar este mundo máxico (suspiras pola secuela que che fará regresar...)" - Umberto Eco. Un libro imprescindíbel.

Máis información:
-Entrevista a Spiegelman sobre Maus.
-Guía para profesores, con actividades para propor aos alumnos tras a lectura de Maus.
-Sección dedicada a Spiegelman na web da editorial USA.
-Reseña, por Nacho Illarregui.
-Reseña, por Valentí Vañó, na Guía do Cómic de UnderCómic (sen relación con guiadelcomic.com).
-Reseña, por Pedro Romero, en El Archivo de Nessus.
-Unha curiosidade en Con C de Arte: Unha historieta corta ("Rat") realizada a principios dos 70 que á unha sorte de versión previa de Maus (escaneada da edición española, na revista Star #41 ). Completase a curiosidade cunha comparativa de cambios realizados desde o boceto á páxina final en algunhas planchas.
-Preview de seis páxinas da edición española de Random House, en Tirafrutas.