quarta-feira, 30 de setembro de 2009

Anna Frank

O vídeo dunha voda, datado o día 22 de xullo de 1941, é dende agora o primeiro (e posiblemente único) documento videográfico que existe no que aparece a adolescente xudía Anna Frank. Nesta ligazón, podedes ver por primeira vez a Anna durante uns breves instantes, asomando pola ventá da súa casa, no número 37, segundo andar, da rúa Merwedeplein. A partir do segundo 9, e ate o 14, a xoven Anna observa curiosa cóma da casa do lado, a número 39, sae unha parella de noivos camiño do seu casamento. Sen dúbida é un documento histórico, que dende xa pasa a ocupar un lugar destacado no memoria da Shoah. O vídeo atópase aloxado na conta en Youtube da Casa de Ana Frank.