sábado, 22 de agosto de 2009

Desaparicións. Paráfrase a Nelly Sachs



.
DESAPARICIÓNS. PARÁFRASE A NELLY SACHS
.
por baixo desa pel, o canto dos envelenados
por baixo dese ceu, un mapa ferido
por baixo das augas, a cidade da infamia
por baixo dos rostros, unha sede calada
por baixo das rosas, o pranto do mundo.
.

"Steine der erinnnerurg" (Pedras da Lembranza)


Memorial da Shoáh en Viena
...

.
STEINE DER ERINNERUNG *
.
Gardas o pedazo crecho e a candea dos
teus pais,
o pano vello
e unha flor de cinza no lugar da túa estirpe;
gardas os libros abertos como o selo deste fogo
como o signo dos humildes
como alerta viva contra toda rendición;
gardas a imaxe doutro inverno,
a roda das palabras musitadas unha a unha,
a sombra, onde a estraron: a nódoa dos
malditos.
.
* "Steine der Erinnerung" (Pedras da lembranza) Tirado do seu poemario "Sombras rosas sombras"